martes, 19 de noviembre de 2024

Musicalización

Club de teatro en inglés

 Esta semana comeza tamén o Club de teatro en inglés na hora de ler, na biblioteca. 📚🎭.Cada grupo dividirase en catro equipos: actores, encargados do decorado, vestiario e música. 🎭🎨👗🎵 Xuntos poñerán en conxunto os seus talentos. 

Martes: 1º, 3º e 5º.

Xoves: 2º, 4º e 6º.

Taller de lettering

 Para inaugurar o novo recuncho de arte da biblioteca, dúas alumnas de 6º impartirán un taller de lettering de 3 sesións de duración nas horas de ler. Se queres asistir, apúntate axiña na cortiza da entrada. 


Mes da ciencia en galego

 Durante o mes de novembro atoparedes estes recunchos científicos na biblio. Animádevos a descubrilos! 




lunes, 11 de noviembre de 2024

Magosto

 Polo San Martiño, castañas asadas e trompos ao camiño. 

Día de xuntanza para desfrutar das castañas e de música tradicional galega.




Mochilas viaxeiras

 O venres saíron as mochilas viaxeiras do cole para as casas do alumnado de Educación Infantil. Ao longo do ano irán recorrendo todas as vivendas, achegando un pouquiño da nosa biblioteca ás familias. Dentro atoparedes contos en galeg, castelán e inglés, libros sobre a horta, revistas, libros con música, etc


Este ano introducimos como novidade unhas bolsas con xogos de mesa, para compartir en familia e aproveitar os beneficios de esta actividade fortalecendo vínculos.

Agardamos que desfrutedes das propostas!

miércoles, 30 de octubre de 2024

Contacontos Samaín: mércores 30

 E para rematar a semana samainense, hoxe tocoulles pasar medo aos nenos e nenas de 6º de primaria, 5 anos e 3º de primaria.

O alumnado de 5º foi o encargado de facer a musicalización da curta “The haunted house” narrada pola auxiliar de conversa. 

Moitas grazas a todas as familias que fixechedes posibles estas mañás de contos compartidos. Unha experiencia moi escalofriantemente divertida. 







lunes, 28 de octubre de 2024

Contacontos Samaín:luns 28

Comezamos coa semana de contos en familia con temática de Samaín. Hoxe tocoulles pasar medo ao alumnado de 4º, 3 anos e 1º de primaria.