jueves, 9 de mayo de 2024

Bibliotecas de aula

Nova dotación das bibliotecas de aula de infantil, a partir de agora todas as clases contarán con estes clásicos.


 

Mostra de teatro escolar do Concello de A Coruña

 O alumnado de 5 anos de 6º de infantil participa na convocatoria de Mostra de teatro escolar organizado polo Concello de A Coruña. 

Hoxe o alumnado de 5 anos A visitará o cole Obradoiro para representar a obra "Vamos a cazar un oso". 

E mañá o alumnado de 5 anos B visitará a EIM Luis Seoane para facer a representación do conto "A mellor sopa do mundo"

Moita sorte compañeiros/as.

Tamén recibiremos a estes centros no noso cole para poder desfrutar das súas obras.

miércoles, 8 de mayo de 2024

Novidades e recomendacións

Os axundantes da biblio prepararon estas recomendacións lectoras animándo a lectura.



 

Formacións profesorado

Durante este curso, o profesorado do centro estivo a participar en diversas formacións relacionadas coas líneas formativas nas que participa o centro. 

POLOS CREATIVOS: Pensamento computacional

A HORTA: Creación dunha horta escolar.
 SAÚDE MENTAL

ERASMUS: Reggio Emilia, etc





martes, 7 de mayo de 2024

Concerto Letras galegas

O día 16 de maio recibiremos no colexio a Brais das Hortas como peche e broche final ao tema do noso proxecto anual.

 

lunes, 6 de mayo de 2024

Comezamos o reto do galego

 Como todos os anos dende o día 6 de maio ata o 17 de maio comprometémonos a falar en galego. Cada curso elaborou as súas chapas conmemorativas dedicadas  ao día das letras galegas e a escritora homenaxeada este ano: Luisa Villalta.

miércoles, 24 de abril de 2024

Bibliopatio

 Esta semana a nosa biblio baixa ao patio no tempo de recreo con:

- Lecturas baixo os tipis

- Títeres e marionetas

- Marcapáxinas e debuxos da nosa mascota

- Revistas e xornais escolares

Agardamosvos!



Día do libro: 23 DE ABRIL


Como todos os anos realizamos o noso tradicional apadriñamento lector, xuntando alumnado de diversas idades para compartir tempos de lectura e contar historias. Como novidade este curso, os nenos e nenas de 2º e de 6º de primaria atrevéronse a ler e contar en inglés. 



Taller de lettering

Esta semana temos na biblioteca un taller de lettering impartido por alumnos/as de 6º curso.





 

martes, 9 de abril de 2024

Planificación terceiro trimestre

O 23 de abril celebraremos o día do libro cun apadriñamento lector entre todo o alumnado do centro. 

Durante a semana do 22 ao 26 de abril levaremos a biblioteca ao patio para poder disfrutar dunha semana de lectura ao aire libre. Nas horas de ler teremos na biblioteca un taller de Lettering por parte de alumnos/as de 6º de primaria, previa inscripción. 



Visita da escritora Antía Yañez

 O alumnado de 5º de primaria asistiu onte a biblioteca para conversar coa escritora do libro que estiveron lendo o trimestre pasado, Plan de rescate de Antía Yañez. Grazas por visitarnos. 


Os petos de Loreto

 

O alumnado de infantil desfrutou do conto Os petos de Loreto e aprendeu a facer rimas cos obxectos que Loreto ía sacando dos petos.


jueves, 21 de marzo de 2024

Recital polo día da poesía polo alumnado de 4º

O alumnado de 4º curso recitounos o libro que esán lendo este curso Dez piratas de Gloria Sánchez. 




 

Día da poesía

 Hoxe con motivo da celebración do día da poesía poderemos ver a representación do conto Os petos de Loreto na hora de ler. 


viernes, 15 de marzo de 2024

Animación sobre o libro Dez piratas

 Hoxe o alumnado de 4º de primaria disfrutou dunha divertida animación en torno ao libro de lectura que están traballando Dez piratas de Gloria Sánchez.













Contavenres 8 marzo

 Os alumnos/as de 5 anos B representaron o conto de A mellor sopa do mundo.


lunes, 11 de marzo de 2024

Semana da poesía

 Durante estas semanas xogaremos con adiviñas, trabalinguas, poemas, rimas,…


viernes, 8 de marzo de 2024

Día da muller: 8 de marzo


Biografías de mulleres da nosa historia.
O alumnado de 5º creou unha revista coas entrevistas realizadas a mulleres da contorna e regalou un exemplar a cada curso. 
Dende a clase da àrea de educación artística (música e plástica) estanse á traballar as mulleres na arte, dedicando cada día a unha delas. 

E nas aulas de infantil preguntàmonos polas mulleres das nosas vidas, debuxamolas e escribimos o que as fai ser valiosas.