lunes, 31 de enero de 2022

Obras na biblio

Dende esta semana a biblioteca permanecerá pechada ata novo aviso. Comezamos coas obras de remodelación dos espazos. Agardamos poder volver a disfrutar pronto do novo espazo.  



domingo, 30 de enero de 2022

Semana da Paz

 O 30 de xaneiro celébrase o día da paz como homenaxe ao aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza. No noso centro traballaremos durante esta semana nas aulas sobre esta temática, comprometéndonos como defesensores da paz e o entendemento entre as persoas a través de distintas propostas e inciativas. Iremos colgando a mostra dos nosos traballos. 

Infantil: contos sobre a resolución de conflictos, creación dun espazo de diálogo na aula e dun recuncho de calma.

1º e 2º primaria: Proposta de Detectives pola paz: búsqueda de accións favorables á convivencia observando aos membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, persoal de servizos, etc.

3º e 4º primaria: Proposta de Cadena de favores.

5º e 6º primaria: Grilandas de paxariñas de origami e decoración das portas das aulas co traballado.


Día da ilustración

 Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD. "Pioneiro da arte contemporánea galega."

 

domingo, 9 de enero de 2022

Proxecto Camiño de Santiago

 Voltamos as aulas e coa volta continuamos o noso proxecto. Deixamosvos as fotos de estes dous peregrinos que foron polas aulas de primaria repartindo mochilas para facer o camiño. Cada clase encherá a súa mochila con todo o necesario para facer o camiño,  non so os obxectos materiais senón tamén valores, sentimentos, inquedanzas, etc. Seguimos coa aventura!