Mostrando entradas con la etiqueta cóntame un conto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cóntame un conto. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de junio de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Seguimos gozando cos contos e os libros que nos traen as nosas familias.






Agora que chegan as vacacións, invitámosvos a seguir gozando coas historias dos contos cos vosos fillos e fillas.
A nosa biblioteca pecha durante o verán, mais sabedes que temos moi cerca unha biblioteca que está chea de bos libros e actividades, a biblioteca do Monte Alto.
Agradecemos e esperamos a vosa imprescindible colaboración para o próximo curso.
Moitas grazas a todos.  

viernes, 2 de junio de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Durante o mes de maio tivemos a sorte de contar con familiares dos nenos de Elmer que nos viñeron a contar algúns contos ben bonitos. Moitas gracias por esos momentos tan fantásticos que puideron vivir os nenos e as nenas gracias a maxia dos vosos contos.

Aquí temos a Laura, unha futura contacontos. Preparou, xunto coa súa nai Flora, uns crocodilos de goma eva para cada uns dos seus compañeiros.
  
Despois, entre as dúas, contáronnos o conto do crocodilo que non era tal.

Mirade estas cariñas…
Lola e Alicia

Victoria e Josefina
 Claudia e Rebeca

A mamá de Lucas I. tróuxonos un conto do Ratoncito Pérez e con el unha sorpresa. Presentounos a irmá pequeniña de Lucas, Sofía,  que estivo moi tranquiliña escoitando o conto da súa nai. 


E aquí temos outra futura contacontos… Ruth e a súa mamá Berta.
    Dáselle moi ben!

GRACIAS A TODOS POR VIR!!




lunes, 29 de mayo de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Os mais pequenos están felices. Están acostumados a que  os seus pais e nais lles conten  contos na casa pero estes días tamén veñen a contarllos a eles e aos seus compañeiros.




Invitámosvos a que volvades pronto.

Moitas grazas


lunes, 22 de mayo de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Os mais pequenos do cole están entusiasmados coas visitas dos seus pais e nais para contarlles, xunto aos seus compañeiros, esas historias tan fascinantes.









Queremos que volvades moi pronto. Grazas

domingo, 7 de mayo de 2017

CÓNTAME UN CONTO

A rapazada de terceiro B está a gozar moito coa visita das súas familias para contarlles contos na Hora de ler, podédelo comprobar nas caras tan felices que teñen.


 Yaiza e a súa nai Ana Mª



Irene e a súa nai María
Animádevos, que nos encantan todas as historias que nos contades

jueves, 4 de mayo de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Mari, a nai de Diana, contounos un conto moi bonito.



 
Diego coa axuda da súa nai Claudia sorprenderon aos seus compañeiros coa lectura de dous libros moi interesantes:





sábado, 16 de mayo de 2015

CÓNTAME UN CONTO

Durante o mes de maio seguimos disfrutando con todas as historias que as nosas familias están a contar aos nosos rapaces e rapazas.



Foi moi emocionante Moitas grazas polos vosos contos. Queremos moitos mais!!!

domingo, 10 de mayo de 2015

CÓNTAME UN CONTO

Como xa ven sendo costume, pedimos a colaboración as nosas familias para
 que lle contasen contos ás aulas dos seus fillos e coma sempre, responderon.

Aquí tendes unhas fotos nas que se pode apreciar como desfruta a rapazada.





viernes, 6 de junio de 2014

Cóntame un conto

Todo chega ao seu fin. O curso está rematando e temos que ir finalizando as nosas actividades.
O mes de abril e maio estivo cheo de contos, agora é o momento de que sigades contándollos aos vosos fillos durante todo o verán.


Que divertido foi!! O próximo curso seguimos contando con todos vós para poder seguir disfrutando destas actividades tan interesantes!!

viernes, 23 de mayo de 2014

Cóntame un conto


O equipo de mestres queremos agradecerlle as familias da nosa comunidade a boa acollida a nosa proposta "Cóntame un conto"
Durante todo o mes de abril e maio estamos recibindo aos familiares dos nosos nenos e estamos enchendo de contos a biblioteca e as aulas.
Moitas grazas

domingo, 13 de abril de 2014

Cóntame un conto

Esta semana antes das vacacións foi unha semana máxica.
Durante toda a semana, recibimos a visita das nosas familias que viñeron a encher a nosa "Hora de ler" de fantasía.
Pola biblioteca e a aula de 5anos pasaron:
María, a nai de Guille, contounos "365 pingüinos"


Voamos con Eva, a nai de Xan, e o libro "Jake, la gaviota verde"


A avoa de Mario, fixonos pensar co conto "¿Me perdonas?"

Lorena e Olga, as nais de Elba e Ignacio, contáronnos unha historia moi emocionante "O xigante egoísta"

 
Moitas grazas a todas por eses momentos tan marabillosos.

viernes, 4 de abril de 2014

Cóntame un conto

Xa temos aquí o "Mes dos libros"
Como os anos anteriores, comezamos unha das actividades mais gratificantes que organizamos desde a Biblioteca: "Cóntame un conto"
Na "Hora de ler" acompañounos José, o avó de Pablo.
Con él iniciamos unha viaxe que durará os meses de abril e maio.



jueves, 30 de mayo de 2013

Máis lecturas na aula de 4 anos B

Despois da visita do pai de Joel e a nai de Lorena, que xa publicamos hai un tempo, seguimos a ter compañía lectora na aula da MOSCA CHOSCA. A seguinte en vir lernos un conto foi Susana, a nai de Lola. Entre as dúas nos leron o conto do Ratiño Pérez. Deberon traballar moito na casa porque o fixeron xenial. 



Ese mesmo día tivemos a visita de Tamara, a profe do ano pasado, así que lle pedimos que tamén ela nos lera un conto, Kokoriko... cantos recordos!


Un par de días máis tarde viñeron o pai e a nai de Gael, Daniel e Vanesa.  Eles nos contaron unha preciosa fábula. Como vedes, nos interesou tanto que non lle quitabamos ollo, nin orella!



Angi e Luis son a tía e o tío de Lucas Reino. Gustounos moito a lectura que fixeron, era unha historia que lle gustaba moito a Lucas, Epi e Blas. El estaba encantado, e o resto do grupo tamén.



Irene estaba tamén contentísima cando viñeron súa nai, María e seu pai, Juan. Contáronnos un par de historias, unha era de animais e a outra era un conto que nos gusta a todas e todos, Peter Pan.



Que bonito o conto de Frederick! A nai de Lucas Santamariña veu hai un par de semanas a contarnos esta preciosa historia daquel ratiño tan especial que se adiacaba a xuntar palabras para o inverno.



Tamén se apuntou a acompañarnos a nai de Alba, que se chama Tamara. A historia que contou fíxonos moita graza, era dunha nena que quería un can e para conseguilo comezou por pedirlle á súa familia unha serie de animais moito máis grandes e difíciles de coidar até que ó pai, finalmente, lle parece xenial a idea de ter un pequeno canciño na casa. Ollo, non vaia ser que aprenderan o conto!



Yaiza contounos que había uns días que estivera visitando as Covas de Altamira e estaba encantada coa de cousas que aprendera relacionadas co proxecto que se está a traballar na nosa aula, que mercaron alí un libro que logo nos contou súa nai Ana María. Aínda o temos na clase e nos parece do máis interesante. Nel contase de forma ilustrada a evolución dende os primeiros seres vivos ás mulleres e homes actuais. Como foron evolucionando!



Tivemos outras dúas visitas específicas da temática coa que traballamos no proxecto. Luis, o tío de Lucas Reino, volveu para explicarnos de forma moi específica algunhas das catacterísticas dos dinosauros e grandes reptiles. Descubrimos moitas cousas que nos axudan a coñecelos e distinguilos. Sabiades que hai un dinosauro que ten o naríz enriba dos ollos?




Tamén veu Sergio, o pai de Alexandre a contarnos e a axudarnos a experimentar a arqueoloxía. Ademais de traer diferentes fragmentos e pezas antiquísimas, nos amosou libros e revistas relacionados coa materia. Que mundo máis interesante!




Moitísimas grazas a todas e todos por participar, que ilusión nos fixo!