Mostrando entradas con la etiqueta relatos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta relatos. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2019

Concurso relatos de Nadal

Dada a gran acollida do concurso de cómics do mes de outubro, lanzamos un novo concurso de RELATOS DE NADAL!

As bases do concurso son as seguintes:
- Escribe un relato relacionado co Nadal nunha carilla dun folio.
- En galego, sen faltas de ortografía (podes pedirlle ao teu titor@ que o corrixa antes de entregalo).
- Pode se individualmente ou por parellas.
- Pon o teu nome, apelidos e curso.
- Entrégao antes do 9 de decembro na biblioteca do cole.
 Anímate a participar!

O alumnado de infantil tamén poderá participar facendo un debuxo que ilustre a felicitación.