Grazas a todas aquelas mulleres que nos acompañástedes este curso na actividade de Cantareiras. Un anaquiño das vosas visitas queda visible na entrada co cole a través destes retratos que elaborou o alumnado de cada unha de vo
s.
Grazas a todas aquelas mulleres que nos acompañástedes este curso na actividade de Cantareiras. Un anaquiño das vosas visitas queda visible na entrada co cole a través destes retratos que elaborou o alumnado de cada unha de vo
Nesta ocasión relacionada co libro Cantareiras da editorial Polo Correo do vento.
Da man de Enrique Mauricio escoitamos a historia das mulleres homenaxeadas este ano polo día das Letras Galegas.
A narración estivo acompañada dos cantares de Aroa Pino que coa súa voz nos recreou cantigas da nosa Terra, as veces coa pandeireta ou as cunchas e outras coa botella de anís ou a lata de pementón.
Acompañando esta musicalización da historia, Alba Troiteiro realizou unha fermosa ilustración das Cantareiras.
E como toda foliada que se precie, a actividade rematou coa participación das familias e do alumnado, que se animaron a cantar e bailar algunha peza.
Comezamos co Reto do galego, comprometéndonos a empregar máis a nosa lingua durante estes 15 días. Para lembranos levaremos postas as chapas que elaboramos na aula.
Cada alumno/a creou a súa propia e entre todas saíron 4 elixidas, unha por cada ciclo.
En 3º ciclo (5º e 6º EP)

Que mellor forma de comezar esta semana que coa visita de mulleres da vida dos nosos peques que viñeron a compartir con nós un anaco da súa vida. Achegándonos á cultura musical galega e poñendo en valor o papel da muller na nosa sociedade.