Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de abril de 2025

Formación Lectura e familias

Onte conmemoramos o día do libro na biblioteca, estreando formación para as familias con Sonia Hermida.

Estes foron algúns dos libros dos que falamos. 




martes, 22 de abril de 2025

Formación Sonia Hermida

Recordámosvos que mañá mércores 23 de abril, dende as 16:30h ata as 18:00h, teremos a formación con Sonia Hermida na biblioteca do cole. 

Todas as solicitudes recibidas foron aceptadas. Así que agardámosvos! 
Recordade que nesta ocasión, a formación é para adultos sen cativos/as.


lunes, 24 de marzo de 2025

Formación para as familias

 Este curso o noso centro participa na convocatoria "Lectura e familias" encamiñada a promover a vosa participación en experiencias de lectura e facilitarvos recursos para colaborar na formación dos vosos fillos e fillas como persoas lectoras. Coincidindo co Día do libro convidámosvos a participar nunha formación na que Sonia Hermida vos ofrecerá ideas e propostas prácticas sobre como acompañar aos vosos fillos e fillas no seu camiño lector. Se estades interesados en asistir, inscribídevos no seguinte formulario. As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de inscripción. O prazo de inscripción é ata este venres 28 de marzo. Un saúdo.

martes, 21 de noviembre de 2023

Xornada de formación

 O sábado tiveron lugar as Xornadas de formación de bibliotecas escolares de Galicia, punto de encontro do profesorado en torno a proxectos, dinamizacións e innovación nas biblios.


sábado, 11 de marzo de 2023

Formación ABN

 O profesorado de infantil e de primaria está a participar nun grupo de traballo sobre ABN, matemáticas manipulativas.  Esta foi unha das xornadas de formación. O alumnado de infantil está a realizar un taller semanal conxunto con nenos/as de primaria onde de forma lúdica se traballan as matemáticas. 

 









viernes, 27 de mayo de 2022

Recursos para a mocidade

 O alumnado de 6º curso puido disfrutar hoxe dunha charla do concello sobre o Tempo de lecer na nosa cidade. Deixámosvos o enlace para os que queirades obter máis información: https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl




lunes, 23 de mayo de 2022

Navega con Rumbo

 Hoxe o alumnado de 5º recibiu formación "NAVEGA CON RUMBO"sobre o uso das redes sociais.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, é unha iniciativa do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia, encamiñada a que @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Mentalizando da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Deiaxmos o enlace, https://www.edu.xunta.gal/navegaconrumbo/presentacion.html, onde podedes atopar GUÍAS DE NAVEGACIÓN para alumnado e familias.


lunes, 6 de mayo de 2019

Curso Primeiros Auxilios

Nestas últimas semanas visitounos a Cruz Vermella para darnos formación sobre primeiros auxilios para poder facer frente a situacións de emerxencia. As nenas e nenos aprenderon a realizar unha correcta Reanimación Cardiopulmonar (RCP) en adultos, nenos e bebés. Foron unhas xornadas moi interesantes onde aprendimos moitísimo!






sábado, 23 de marzo de 2019

Xornada de Formación

A biblioteca do noso cole participa dende fai anos no PLAMBE, plan de melloras escolares das bibliotecas educativas, o que nos permite estar a última tanto en fondos como en dotacións. Para mellorar día a día a xestión da nosa biblio e poder ofrecervos a maior cantidade de recursos e calidade de actividades o noso profesorado asiste con continuidade ás formacións ofertadas pola asesoría. Onte foi unha delas.