Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de febrero de 2025

Día de Rosalía de Castro

 A nosa especial recollida de versos de Rosalía a modo de chíos dos paxariños das súas obras. Feliz día de Rosalía De Castro! 


lunes, 3 de febrero de 2025

Chíos por Rosalía

Chíos por Rosalía é a nosa proposta para conmemorar este curso o Día de Rosalía De Castro, 23 de febreiro. Como vimos facendo fai uns anos, achegámonos á vida da escritora a partir de aspectos significativos para o noso alumnado. Este ano quixemos xuntar a celebración coa festividade da Candeloria, día no que casan os paxariños. 🐦❤️ Investigamos sobre as aves da nosa contorna e descubrimos as dos poemas de Rosalía (símbolos de libertade e amor pola natureza). Cada curso recreu con papiroflexia un paxariño cun chío escrito nun bocadillo sobre un dos versos da autora 


viernes, 10 de mayo de 2024

Herbario de Rosalía

 Polo día de Rosalía de Castro participamos nun reto colectivo de recolectar exemplares das flores mencionadas nas obras de Rosalía de Castro. Con esta recolecta elaboramos este herbario que viaxará polas aulas achegándo ao alumnado á realidade desta poeta da nosa Terra. 




jueves, 22 de febrero de 2024

O HERBARIO DE ROSALÍA

 O HERBARIO DE ROSALÍA 

Este ano queremos celebrar o DÍA DE ROSALÍA cun reto relacionado co noso PDI a HORTA: a creación dun HERBARIO poético colectivo con base nos poemas Rosalía de Castro que fan alusión as plantas da nosa comunidade. Conseguíremolo?



martes, 28 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 O alumnado de 1º de primaria recibiu o pasado venres 24 de febreiro a unha mamá do alumnado que lles falou sobre a poeta galega. Grazas por acompañarnos!


jueves, 23 de febrero de 2023

Día de ROSALÍA DE CASTRO

Conmemorando o aniversario de Rosaía de Castro, o noso alumnado de comedor puido degustar un menú especial dedicado á poeta: " Cando de Gloria". Uníndose así á iniciativa da Fundación de Rosalía de castro inspirada no poema "Miña  casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un calgo humilde no que se relata a épica diaria da supervivencia.

domingo, 20 de febrero de 2022

Ruta rosaliana


 O día 23 de abril está dedicado a Rosalía de Castro, por ser a data de nacemento da poeta galega. 

Dende o noso cole queremos contribuír a esta homenaxe descubrindo a Ruta Rosaliana, relacionada co camiño de Santiago. 

A ruta rosaliana é un percorrido real con parada nos lugares máis singulares na vida da autora Rosalía de Castro, todos vinculados sentimentalmente con ela, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía. 

Para acompañar este percorrido o alumnado deulle cor as súas flores preferidas, os pensamentos, onde escribiron os seus versos e palabras na nosa fala.

Durante esta semana farase unha visita guiada a exposición por parte de cada un dos cursos. 

Animámosvos a facer a ruta real camiñando entre as diferentes etapas da súa vida e achegandose así a súa obra.

 

lunes, 7 de febrero de 2022

Semana de Rosalía de Castro

Como este ano estamos a traballar no PDI O camiño de Santiago, imos a conmemorar o día de Rosalía achegando aos nenos/as á unha das rutas relacionadas co camiño que percorre os lugares significativos da vida de Rosalía de Castro (ruta rosaliana).


A través dunha exposición que está na entrada do centro, poderemos coñecer os lugares máis importantes e o porqué da súa relavancia achegándonos un pouco máis á vida e obra desta autora galega.


Este ano estamos colaborando tamén coa asociación de escritores/as galegos na proposta de elaboración de pensamentos (a flor favorita de Rosalía) decorados con versos da poeta ou palabras galegas dos seus poemas.