Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de enero de 2019

NA BIBLIO ESTAMOS DE ESTREA!

Aproveitamos o comezo do ano para estrear novos espazos da nosa biblioteca. E tamén novos recursos e xogos que fagan este lugar asequible para todo o noso alumnado, en todos os aspectos. Creando unha biblioteca o máis inclusiva posible. Aquí podedes ver as nosas novas adquisicións. Tamén hai novidades para as familias!

 NOVOS ESPAZOS





 O recanto musical: onde escoitar os nosos cd de música favoritos e os nosos contos musicados.








 O espazo maker: dentro do noso recanto trebelleiro. Coa nova parede vertical de legos para poñer a proba a nosa creatividade.




                                                                 NOVAS SECCIÓNS




Sección de libros con pictogramas para facilitar a comprensión e incrementar o vocabulario.







Sección de Leo paso a paso, con libros con letra maiúscula e/ou ligada para primeiros lectores.







NOVOS RECURSOS E XOGOS




Xogos manipulativos, xogos de asociación, de emparellamento, lotos diferenzas, memorys, xogos de maxia, axedrez, quebracabezas, dominó...






                                            NOVOS MATERIAS PARA AS FAMILIAS

Poñemos a disposición das familias que así o soliciten, a través do titor/a, unhas Bolsas de temáticas para ler en familia: sobre a morte, o nacemento dun irmán, os celos, o rato Pérez, o divorcio….
O obxectivo é tratar estes temas dunha forma o máis natural posible de xeito que vos axuden a conversar sobre eles cos vosos fillos/as. Cada bolsa contén unha serie de contos sobre o tema. Poderán permanecer un máximo de 15 días en cada casa, de xeito que poidan chegar a todos os fogares que as soliciten.

                                                             Agardamos que vos gusten!

miércoles, 18 de abril de 2018

Audiolibros

A nosa biblio quere achegar os contos a tod@s os nosos lectores e para iso ofrecemosvos unha páxina con audiocontos, na que poderedes escoitar os vosos títulos favoritos ou descubrir outros. É unha forma diferente de achegarnos a un libro. Probamos?

https://www.mundoprimaria.com/audiocuentos-infantiles
http://www.cuentosinfantilesadormir.com/audiocuentosinfantiles.htm


Tamén nos gustaría ensinarvos a nosa nova sección de contos con pictogramas. Mesmo podedes elaborar os vosos propios, ou pasar unha frase a pictos! Unha nova forma de escribir historias!  Creamos? Pulsade nas imaxes para descubrir estes recursos. Os tedes tamén recollidos no lateral do blogue.