jueves, 29 de mayo de 2014

DÍA DO CONTO: ESTE NO ES MI BOMBIN


Jon Klassen é un maestro da sutileza e a parquedade: con solo tres personaxes, moi poucas palabras e moi poucas ilustracións (eso sí, marabillosas) conta unha historia chea de aspectos a desenrolar: un pez rouba o sombreiro a outro, dándose a se mesmo explicacións ranquilizadoras e dando por suposto que se vai saír coa súa. Con tan poucos elementos, antes de chegar ao final xa botamos a carcaxada máis dunha vez.


Grazas a Marta, Lucía Iglesias e Lucía Sesar, de 5ºB, por facernos pasar un ratiño tan divertido.
 






 
 

DÍA DO CONTO: "LA CENICIENTA"

Janira, Antía, Lucía Sesar, Marta, Cynthia, Rubén e Lucía Iglesias fixéronnos una dramatización do conto de Cincenta para o venres 25 de abril. Ata o de agora non puidemos editar o video; pero despois de moito esperar AQUÍ ESTÁ!!!

viernes, 23 de mayo de 2014

Cóntame un conto


O equipo de mestres queremos agradecerlle as familias da nosa comunidade a boa acollida a nosa proposta "Cóntame un conto"
Durante todo o mes de abril e maio estamos recibindo aos familiares dos nosos nenos e estamos enchendo de contos a biblioteca e as aulas.
Moitas grazas

Quino, o pai de Mafalda, galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.

 Quino descubriu o debuxo grazas ao seu tío. "Eu herdei o nome e o oficio do meu tío Joaquín. Ver que do seu lapis saían montañas, árbores, persoas... marabillábame. Todos os rapaces debuxan, pero eu seguín. Estudei un pouco en Belas Artes e dous anos despois cometín o erro de crer que aos 15 xa o sabía todo e abandonei. Diso arrepíntome cada vez que podo".
O humorista alcanzou un recoñecemento universal da man de Mafalda, que naceu hai 50 anos.
A nena redita de seis anos apenas viviu unha década no papel imprimido. Quino abandonou o personaxe en 1973 sen que o personaxe nunca o abandonase a el.
 Non volveu debuxar a Mafalda salvo en ocasións excepcionais, a petición dalgunha organización solidaria como Unicef



 Na biblioteca temos varios libros que podedes levar.
Se queredes ver mais tiras premede aquí

sábado, 17 de mayo de 2014

Semana das "Letras Galegas"

Xosé Mª Díaz Castro é o poeta homenaxeado nas "Letras Galegas" Durante toda a semana tivemos moitas actividades que nos permitiron coñecer moito mellor a este gran poeta: recitamos as súas poesías, investigamos sobre a súa vida, creamos cómics inspirándonos nel, fixemos un gran mural...


O martes os rapaces de quinto representaron dúas obras teatrais:
"A margarida branca"
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d10474565k5008889o1/a-margarida

"O congreso dos ratos"

<div><iframe width="560" height="420" src="http://www.kizoa.com/embed-10475192-3518470o1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe><br /><a href="http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d10475192k3518470o2/ratos"><b>Ratos</b></a> - <i><a href="http://www.kizoa.es">Movie Maker</a></i></div>

O mércores pasámolo en grande coa representación teatral da compañia  Bululú "A praia".


Teatro L.G.

Por fin chegou o venres, o día mais importante. Comezamos cantando todos xuntos o himno galego.

Expuxemos os nosos cómics e limos os dos nosos compañeiros Estamos feitos uns grandes artistas
E rematamos a festa cun apadriñamento.Esta vez non foi lector, os padriños e madriñas axudaron aos mais pequenos cos xogos populares elaborados na clase de Educación física.
Pasámolo xenial.

viernes, 16 de mayo de 2014

Búsqueda de las claves secretas

O domingo 18 de maio celebrouse o Día Internacional dos museos. Dous grupos de rapaces e rapaces,de quinto curso,participaron nunha actividade organizada polo Museo Militar da Coruña,"Búsqueda de las claves secretas. Sigue las pistas"
Cóntannos que foi unha actividade moi interesante e que o pasaron fenomenal.
Noraboa polo éxito obtido! 

Día do conto: Caperucita roja

Hoxe tivemos a ocasión de ver e escoitar unha nova versión dun conto clásico moi coñecido. Queredes saber cal foi? CAPERUCITA ROJA
Lucía foi a narradora, Natalia a avoa e a nai, Marta Caperucita, Lucía Iglesias o lobo e David o cazador. Foi moi divertido. Noraboa rapaces

viernes, 9 de mayo de 2014

Día do conto: Camila, una iguana extranjera

Alba e os seus compañeiros de cuarto contaron e representaron un conto: Camila, una iguana extranjera" Foi xenial.

Moitas grazas, encantounos.

Apadriñamento lector

Por fin!! Parou de chover e puidemos facer o apadriñamento lector.
A espera valeu a pena. Disfrutamos moitísimo con esta actividade.

Africa

Que sabedes de Africa? Os nenos e nenas de cinco anos a coñecen moi ben, porque estiveron investigando e logo de moito traballo expuxeron o seu traballo. Queredes velo? Noraboa rapaces, esto é un traballo moi ben feito. Xa sodes uns grandes investigadores