Mostrando entradas con la etiqueta Muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muller traballadora. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2022

8 de marzo- Día Internacional da muller

Cada  unha das clases quíxolle dar sentido este día a través do traballo na aula de mulleres significativas da nosa historia ou do noso día a día. 
Aula de música: mulleres na música e na danza


3 anos: Josefina Castelví (bióloga e oceanógrafa)
4 anos: Cecilia Payne (Astrónoma)
5 anos: Pintoras: Woodsey Thomas, Yayoi Kusama, Maruja Mallo, Delaunay
 2º EP: Frida Kalho (pintora)
3º EP:Beatriz Potter, Alma Thomas, Maruja Mallo, Frida Kalho y Yayoi Kusama
4º Jane Goodall

6º As mulleres na prensa

miércoles, 11 de marzo de 2020

Así conmemoramos o día da muller

Cada clase explicou o investigado sobre a súa científica aos visitantes. Recorremos as clases e portas do cole aprendendo sobre as mulleres investigadas e recopilando os cromos e a información para completar o noso albume. Estas son só algunhas das fotos da actividade!





















jueves, 5 de marzo de 2020

Día da muller

Achégase o 8 de marzo, día da muller, e dende o centro xa estamos preparando as actividades para conmemorar o día.
O alumnado de infantil e primaria recibiu esta semana un albume de cromos das Mulleres científicas galegas 👩🏻‍🔬 que deberá completar cos cromos das científicas estudadas nas diferentes clases e que recobren as portas do cole. 
 Mañá o alumnado de 5º espera poder poñerse en contacto coa súa favorita, Elena Vázquez, a través dunha videoconferencia. Aínda sorpresa para os rapaces/zas. Moitas grazas Elena por colaborar con nós!

As lecturas que recomenda a biblio para estas semanas son as seguintes, se queres podes levar calquera destes libros tamén a casa. 


O luns faremos uns grupos de expertos que irán polas aulas recollendo información sobre as mulleres traballadas nos outros cursos. Esta información poñerse en común ao voltar as aulas. 

Animámosvos a participar desta conmemoración, se coñecedes mulleres da nosa comunidade adicadas ao mundo da ciencia, poñédevos en contacto con nos, estaremos encantados de coñecelas. 

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Ciencia nas portas

Así quedou o noso cole despois de converter cada unha das portas das clases nunha páxina dun libro sobre as mulleres galegas. Cada aula estivo a estudar sobre unha muller científica Galega 👩🏻‍🔬 e con esa información decoraron a súa porta de aula. Da un paseo polo cole e coñece máis sobre a nosa cultura.