jueves, 16 de diciembre de 2021

Visita do Apalpador

Dende as montañas do Courel oApalpador viaxou ata o noso cole para contarnos a súa historia e bailar con nós. 





 

miércoles, 15 de diciembre de 2021

Guía de Recomendacións lectoras para o Nadal

 Se estades facendo a lista de compras de Nadal ou a carta aos Reis Magos, nesta guía podedes atopar algunha idea para pasar un bo rato estas Navidades. 

Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas Felices Festas!

martes, 7 de diciembre de 2021

Storytelling

Os xoves e venres son de contacontos na biblioteca.O alumnado de infantil participa nos contacontos que a mestra de inglés e a auxiliar de conversa nos preparan.

viernes, 3 de diciembre de 2021

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O alumnado do noso centro celebrou o pasado día 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria leron un escrito do que era para eles a discapacidade e despois todos xuntos cantamos a canción Todos somos capitáns en lingua de signos.

Aquí tedes un pequeno vídeo do ben que o fixeron... 


lunes, 8 de noviembre de 2021

Proxecto do ano: Camiñando a Santiago

Este ano o noso proxecto anual para todo o centro céntrase no Camiño de Santiago. Seoanin contavos a historia no seguinte vídeo. Preparade as mochilas, que arrancamos!

Mochilas viaxeiras

Comezamos a actidade de mochilas viaxeiras para o alumnado de infantil. Viaxarán ás vosas casas os venres e voltarán os xoves da seguinte. Nelas atoparedes libros de diferentes temáticas: arte, libros con música, contos da aula, e un sobre o camiño de Santiago. Xa que é o proxecto que levaremos a cabo este ano no centro. Agardamos que vos guste a iniciativa e que poidades compartir un ratiño divertido en torno á lectura.

domingo, 17 de octubre de 2021

A nosa biblioteca

 Queremos presentarvos o novo espazo de biblio as súas normas de uso. 

Cando remates a prensentación podes xogar con este kahoot! para poñer a proba os teus coñecementos. https://create.kahoot.it/share/o-preguntofono-da-biblio/47ed35e6-2df7-4ecd-8ef9-d8ad43a93805

martes, 31 de agosto de 2021

Comezamos!

Chega setembro e con el a volta ao cole. Este curso con moitas novidades no noso espazo de biblioteca. Estamos desexando contarvos. Pero de momento toca a posta a punto para este 2021/2022. Cargade as pilas que arrancamos. 

miércoles, 23 de junio de 2021

Horas de ler en familia

El pingüino y el canguro por Lucía Tenca 2º A

 

ENGLISH DAY

 SE PINCHADES NO MANDO DA TV, PODEREDES DISFRUTAR DA PROGRAMACIÓN ESPECIAL DO ENGLISH DAY DO VÍCTOR. 

DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES TANTO VÉNDOA, COMA O NOSO ALUMNADO FACÉNDOA!!! 


OBRA DE TEATRO MIGALLAS

 O alumnado de 6º de Infantil puido disfrutar dunha sesión de teatro por parte do grupo Migallas. Unha xenial forma de poñer punto e final a este curso.


lunes, 21 de junio de 2021

martes, 8 de junio de 2021

HORAS DE LER EN FAMILIA

 Durante este 3º trimestre retomamos unha das actividades que máis éxito ten no cole: horas de ler en familia. Na que nenos/as e algún membro da familia comparten un ratiño arredor da lectura e os contos. Este ano, dada a situción sanitaria na que nos atopamos, temos que adaptada, de xeito que se realiza de forma virtual. Xa houbo clases que puideron disfrutar dos primeiros vídeos que chegan dende as casas con todo o cariño. Deixámosvos algúns deles e animámosvos a participar! A cara de felicidade dos peques, merece a pena. Grazas familias por facelo posible!

Lectura, teatrillo "Corre, corre cabaciña". Alumna Sofía 2ºB

Lectura Alejandro 5 anos B 

Lectura en familia. Loreto, nai de Iván de 5 anos B

viernes, 14 de mayo de 2021

ROSCO LETRAS GALEGAS

Por fin chegou o día de poñer a proba os nosos coñecementos xogando aos pasapalabra que elaboru o equipo de EDLG do cole. Aquí deixamos unhas fotos da actividade, recordade que podedes volver a xogar dende a casa e mesmo retar a vosa familia. Feliz día das nosas letras!