Aínda seguimos tendo familias que veñen contarnos contos, queres ser ti un deles? Avisa á profe de que queres vir a contar e listo!
lunes, 30 de mayo de 2016
CONTOS EN FAMILIA:18-29 MAIO
Imos xuntar estas dúas últimas semanas porque coa ponte polo medio andamos un pouco atolondrados, parécevos?
Aínda seguimos tendo familias que veñen contarnos contos, queres ser ti un deles? Avisa á profe de que queres vir a contar e listo!
SEMANAS 18-27 MAIO on PhotoPeach
Aínda seguimos tendo familias que veñen contarnos contos, queres ser ti un deles? Avisa á profe de que queres vir a contar e listo!
sábado, 28 de mayo de 2016
Feliz Feroz
Los felices feroces de 1º A representaron unha adaptación teatral do libro Feliz Feroz.
Natuska fixo unha adaptación moi divertida.
Os rapaces e rapazas fixeron unha representación o xoves para os seus compañeiros do colexio e esta tarde invitaron ás súas familias.
O éxito foi total.
O próximo mércores temos outra oportunidade para poder gozar co seu traballo, a representarán na Residencia "La Milagrosa"
Xa vos contaremos como van disfrutar con esta experiencia.
Noraboa rapaces!!
jueves, 26 de mayo de 2016
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
A rapazada de 4º e 5º prepararon un pequeno festival no que non faltou a música interpretada por eles mesmos nin as poesías de Manuel María.
Moi bo traballo.
Noraboa rapaces.
martes, 24 de mayo de 2016
CONTOS EN FAMILIA: 9-13 MAIO
Cantos contos e historias escoitamos esta semana!!! Da gusto vervos contalos e ver aos rapaces escoitalos. Seguide porfa!!!!!
SEMANA 9-13 MAIO CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE on PhotoPeach
sábado, 21 de mayo de 2016
CARREIRA CONTRA A FAME
Compartimos as primeiras imaxes que se publicaron a través dos medios da Carreira contra a Fame - Axuda en Acción, na que participamos moitas persoas da comunidade educativa do centro.
A finalidade desta actividade era a visibilizar as situacións de precariedade e de incentivar a reflexión sobre que a situación social inxusta que nos rodea, non só coa carreira senon con actividades de sensibilización que se realizaron durante estes días.
Nas nosas mans está o poder contribuír a ir mudando estas situacións inxustas, tratando de ser cada día persoas un pouco máis conscientes e solidarias.
Queremos agradecer a colaboración de tódalas familias que se interesaron e colaboraron de calquera xeito nesta carreira solidaria (na organización, correndo ou coas aportacións económicas).
Esta foi a nosa primeira carreira pero cremos que non vai ser a última xa que resultou unha experiencia moi positiva e enriquecedora.
Parabéns a todas e todos!!
Mais información na páxina web do centro
jueves, 19 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS
Hoxe foi o día central da nosa celebración das "Letras Galegas"
Á hora de entrada, Diego interpretou, co seu violín, o Himno galego.
Nós tamén quixemos cantar o himno xunto con algunhas das familias que se achegaron esa mañá ao centro.
Mais non rematou aquí a festa. A Asociación cultural "Son D'aquí" cantou e bailou para todos nós.
Entre outras pezas, cantamos "A saia da Carolina" e rematamos bailando un agarrado.
Queremos dar as grazas a Asociación Son D'aquí por esta festa tan alegre e a Matín e Greta, de 3 anos que fixeron acompañamento musical ao bombo e pandeireta.
E tamén á Coordinadora deTraballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que nos cedeu gratuítamente este Photocall tan marabilloso ao que lle estamos sacando moito partido estes días.
A campaña "Gústame o galego", que podedes seguir en diferentes medios e redes sociais, xurdíu do Viveiro de propostas normalizadoras desta asociación sen ánimo de lucro que asumiu a súa posta en marcha e que comezou a desenvolvela.
As familias tamén estades convidadas a vir a participar e sacar unhas fotos para participar, en horario de tarde ou unha vez que o alumnado teña saído da escola.
miércoles, 18 de mayo de 2016
SOÑANDO GALICIA... CON MANUEL MARÍA
Queremos dar a noraboa ao colexio ADR Castelao de Rianxo, gañador do Concurso Exposición sobre Manuel María que titularon:
"Soñando Galicia ... con Manuel María "
Podedes ver o seu traballo na entrada do colexio.
AS ESCALEIRAS POÉTICAS
Unha das actividades que estamos a facer nesta celebración das Letras Galegas son as "Escaleiras poéticas"
O alumnado escolleu algunhas das estrofas das poesías de Manuel María e con elas decorou as escaleiras. Agora subimos ás clases recitándoas.
viernes, 13 de mayo de 2016
O RETO DAS LETRAS GALEGAS
O equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxolles aos rapaces un reto:
Serías quen de falar en galego durante 15 días?
Os rapaces que se compremeteron a participar fixeron unhas chapas co lema EU FALO GALEGO
Ocompromiso consiste en falar en galego cos amigos e amigas, saudar en galego e falar galego fóra da escola.
Cada neno ten o seu carnet no que se avaliará o seu compromiso e o que o consiga recibirá un certificado pola superación do reto.
Animádevos e participemos todos neste reto.
jueves, 12 de mayo de 2016
Bibliomistos pola Coruña
Neste mes das letras é visita obrigada a visita a este lugar tan coñecido por todos os coruñeses e coruñesas.
Animádevos a visitalo e facer as vosas fotografías.
Grazas
O PAPAGAIO
Acaba de nacer un xornal escolar mensual.
Editado por Edicións Moito Conto, apareceu o número 0 dun xornal diferente. As distintas seccións están pensadas para nenos.
Podedes visualizalo na seguinte ligazón:
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Editado por Edicións Moito Conto, apareceu o número 0 dun xornal diferente. As distintas seccións están pensadas para nenos.
Podedes visualizalo na seguinte ligazón:
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
lunes, 9 de mayo de 2016
CONTOS EN FAMILIA: 2-6 DE MAIO
Nesta semana tamén tivemos a sorte de contar con nais e avoas ás que lles gustou vir contarnos historias e contos. Esta semana tocoulles as clases de 3 anos A, 4 anos B, 2ºB e 6º.
Gracias por invertir o voso tempo connosco!!!
2-6 MAIO on PhotoPeach
Gracias por invertir o voso tempo connosco!!!
domingo, 8 de mayo de 2016
MANUEL MARÍA
Durante todo o mes imos homenaxear o noso idioma galego e os nosos autores e autoras que escriben no noso idioma.
Estamos a ler moito, na exposición do vestíbulo ou na biblioteca podedes atopar moitas lecturas moi, moi interesantes
O xoves tivemos un acercamento á figura e a obra de Manuel María.
Partindo dos contos que podemos atopar en distintas obras e sobre todo en "O bigote de Mimí" a compañía Lucecús fíxonos unha aproximación moi divertida á figura de Manuel María, chea de contos, cancións,..
sábado, 7 de mayo de 2016
Gonzalo Moure: Cama e conto
A rapazada de terceiro está moi feliz pois tivo a posibilidade de comentar as súas opinións sobre o conto "Cama e conto" con Gonzalo Moure.
Moitos deles identificábanse con Malva, a protagonista deste conto que nos descubre ese momento máxico e íntimo dun pai ou dunha nai contándolle un conto ao seu fillo.
Gonzalo Moure - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Aproveitamos este momento, para recomendar a todos os pais e nais a lectura deste conto tan delicioso.
Os alumnos de sexto do club de lectura que estiveron a ler e comentar o libro "Palabras de caramelo",outra obra moi, moi fermosa de Gonzalo Moure, puideron compartir os seus comentarios con Gonzalo.
O autor falounos do seu traballo cos nenos, nos campos de refuxiados da Sahara.
Unha das cousas que mais lles chamou a atención aos mais pequenos foi que a biblioteca fose un autobús.
Moitas grazas Gonzalo pola túa visita.
martes, 3 de mayo de 2016
COLLER AS RENDAS
Hoxe recibimos a visita de Yolanda Castaño.
Yolanda recitounos os poemas do seu libro "Coller as rendas". Nos xa coñeciamos os poemas xa que os rapaces e rapazas de primeiro, escolleron estes poemas para recitar no "Recital de poesía" que celebramos no mes de marzo.
É unha marabilla e un luxo poder escoitar a propia autora recitando.
Nos obsequiámola co recitado dos poemas por parte dos alumnos de primeiro, que foron moi aplaudidos.
Yolanda adicounos os libros
Podedes atopar mais información no blog da aula de primeiro
"Los felices feroces"
Moitas grazas Yolanda polos teus poemas e a túa simpatía
lunes, 2 de mayo de 2016
DÍA DO CONTO: CUANDO FUI A LA SELVA
A clase de 2ºA lles gusta isto de contar contos....porque o seu profe, Silver, xa ten reservados dous venres máis para contarnos máis historias!!!
Desta vez tocoulles o turno a Nira, Lucía, Elba, Myriam e Claudia co conto de "Cuando fui a la selva" de Roberto Aliaga e Miguel Ángel Díez, editado por Anaya.
"Todas las noches un padre le cuenta un secreto a su hija. Algo que le ocurrió de pequeño y que siempre le sirve de excusa para enseñarle que todo en la vida puede tener varias lecturas.
Hace mucho tiempo se me perdió una pelota. Cuando me puse a buscarla entre las plantas de casa, de repente me di cuenta de que me encontraba en la selva. Allí vi monos, cocodrilos, boas y ¡hasta a un hombre orquesta!, pero mi pelota no aparecía ".
CONTOS EN FAMILIA: 25-29 de Abril
Da gusto ver aos nenos escoitar, con tanta atención e entusiasmo, os contos da boca do seus avós, nais e pais. Para mostra un botón...
Non perdades a oportunidade e aproveitade a ocasión!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)