Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de diciembre de 2016

Festivais de Nadal

O último día foi moi emocionante para todos, especialmente para a rapazada de educación infantil cantaron, bailaron e remataron, como rematan todas as festas, cunha merendola!





...Os maiores tamén gozaron escoitando o son das frautas, guitarras, oboe e o violín; cantando, bailando...

miércoles, 20 de abril de 2016

SUEÑOS DE ARENA

O espectáculo que fomos ver ao Forum, "Sueños de arena" deixounos abraiados a todos.

Cando chegamos ao cole, opinamos e contamos que cousas nos chamaron mais a atención. Houbo unanimidade "como se poden facer eses debuxos tan bonitos soamente coas mans e area".

 


Carmela resumiu a historia deste xeito:

Un señor se despierta por la noche y empieza a soñar; sueña que es el dueño de un circo y ese circo va por todo el mundo: China, Francia, Italia... y llega a A Coruña y conoce a una chica con la que se casó y con la que vivió muy feliz.

¡Pero todo era un sueño!

La historia se hizo a base de dibujos de arena, lo hizo como si tuviera "magia" en las manos.

Me gustó mucho, fue muy emocionante, increíble e interesante.

Lucía comenta que é unha mezcla de títeres e arte con area.É incrible que se poida debuxar tan ben, tan rápido e con area!

lunes, 18 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS

O fin de festa foi espectacular.
Para rematar a celebración da semana das Letras Galegas tivemos a actuación do grupo "Xebre"
O cole encheuse co son da pandeireta e a gaita galega.

Cantamos e bailamos cancións como "A saia da Carolina","O galo, cando canta", muiñeiras... e rematamos cantando o Himno galego Moitas grazas por esa música tan leda. Esperámosvos para outra ocasión.

lunes, 8 de diciembre de 2014

O CREBANOCES

Este venres foi un día fantástico para os nenos e nenas de 1º ciclo.
Estiveron no centro Ágora vendo un espectáculo de títeres con técnica mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros), mentres escoitaban a música que creou Tchaikovsky para este conto de Hoffmann.

Se non coñecedes a historia, podedes lela no libro "O Crebanoces " ilustrado por David Pintor e adaptado por María Canosa Blanco.
Os rapaces xa coñecían a historia, xa que durante a semana, os seus mestres lla contaron.


Encantounos, queremos volver moi pronto.