Mostrando entradas con la etiqueta Lectura e familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura e familias. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de mayo de 2025

Cantareiras

Onte tivemos a segunda actividade de formación dentro do programa Lectura e familias, da asesoría de bibliotecas escolares.

Nesta ocasión relacionada co libro Cantareiras da editorial Polo Correo do vento.

Da man de Enrique Mauricio escoitamos a historia das mulleres homenaxeadas este ano polo día das Letras Galegas.


A narración estivo acompañada dos cantares de Aroa Pino que coa súa voz nos recreou cantigas da nosa Terra, as veces coa pandeireta ou as cunchas e outras coa botella de anís ou a lata de pementón. 

Acompañando esta musicalización da historia, Alba Troiteiro realizou unha fermosa ilustración das Cantareiras. 

E como toda foliada que se precie, a actividade rematou coa participación das familias e do alumnado, que se animaron a cantar e bailar algunha peza. 


jueves, 24 de abril de 2025

Formación Lectura e familias

Onte conmemoramos o día do libro na biblioteca, estreando formación para as familias con Sonia Hermida.

Estes foron algúns dos libros dos que falamos. 




martes, 22 de abril de 2025

Formación Sonia Hermida

Recordámosvos que mañá mércores 23 de abril, dende as 16:30h ata as 18:00h, teremos a formación con Sonia Hermida na biblioteca do cole. 

Todas as solicitudes recibidas foron aceptadas. Así que agardámosvos! 
Recordade que nesta ocasión, a formación é para adultos sen cativos/as.


lunes, 24 de marzo de 2025

Formación para as familias

 Este curso o noso centro participa na convocatoria "Lectura e familias" encamiñada a promover a vosa participación en experiencias de lectura e facilitarvos recursos para colaborar na formación dos vosos fillos e fillas como persoas lectoras. Coincidindo co Día do libro convidámosvos a participar nunha formación na que Sonia Hermida vos ofrecerá ideas e propostas prácticas sobre como acompañar aos vosos fillos e fillas no seu camiño lector. Se estades interesados en asistir, inscribídevos no seguinte formulario. As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de inscripción. O prazo de inscripción é ata este venres 28 de marzo. Un saúdo.

miércoles, 18 de diciembre de 2024

Recomendacións lectoras

 Este curso contamos coas familias para elaborar as recomendacións lectoras que todos os ano publica o cole polo Nadal. A través deste panel colaborativo engadiron os títulos preferidos. Seguro que podemos sacar moitas ideas de lecturas e agasallos de Nadal. Grazas por participar.

Hecho con Padlet