Mostrando entradas con la etiqueta Mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de noviembre de 2024

Mochilas viaxeiras

 O venres saíron as mochilas viaxeiras do cole para as casas do alumnado de Educación Infantil. Ao longo do ano irán recorrendo todas as vivendas, achegando un pouquiño da nosa biblioteca ás familias. Dentro atoparedes contos en galeg, castelán e inglés, libros sobre a horta, revistas, libros con música, etc


Este ano introducimos como novidade unhas bolsas con xogos de mesa, para compartir en familia e aproveitar os beneficios de esta actividade fortalecendo vínculos.

Agardamos que desfrutedes das propostas!

jueves, 6 de octubre de 2022

Mochilas viaxeiras

 Comezamos coas Mochilas viaxeiras para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria. 

A mochila viaxa polas casas de venres a xoves co obxectivo de compartir tempo arredor das historias e a lectura. Dentro de cada mochila atoparedes contos en galego, castelán e inglés, libros de información, revistas, libros cd, etc. Ademais dun caderno no que podedes anotar, debuxar, facer suxestións de lecturas, pegar fotos de momentos en torno aos libros, etc. o que se vos ocorra. 

Aquí temos a foto dos primeiros/as afortunados/as.


lunes, 8 de noviembre de 2021

Mochilas viaxeiras

Comezamos a actidade de mochilas viaxeiras para o alumnado de infantil. Viaxarán ás vosas casas os venres e voltarán os xoves da seguinte. Nelas atoparedes libros de diferentes temáticas: arte, libros con música, contos da aula, e un sobre o camiño de Santiago. Xa que é o proxecto que levaremos a cabo este ano no centro. Agardamos que vos guste a iniciativa e que poidades compartir un ratiño divertido en torno á lectura.

viernes, 30 de octubre de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres comezan a viaxar as MOCHILAS VIAXEIRAS polos fogares dos nenos e nenas de infantil para achegar os contos aos máis pequenos e que poidades gozar dun tempo en familia ao redor da lectura. 

Escollede os libros que máis vos gusten, non tedes porque leelos todos. Ademais dentro da mochila atoparedes un conto en inglés e un libro musical con cd.

Acompañando a mochila vai un caderno viaxeiro no que podedes anotar, debuxar, escribir, comentar ...en definitiva deixar a vosa pegada, para compartir co resto da aula.

Agardamos que os libros vos deixen bonitos momentos en