Mostrando entradas con la etiqueta calendario de advento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calendario de advento. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de diciembre de 2024

Calendario de advento

Comeza decembro e con el o noso tradicional calendario de advento, vencellado á temática do curso: A horta. Este ano o calendario mostrararnos diferentes animais que podemos atopar nas nosas hortas. Cada curso preparou con moito cariño un vídeo sobre o animal que da nome a súa aula. 

E cada día do mes de decembro antes das vacacións de Nadal iremos vendo nas aulas os diferentes vídeos, tamén os podedes ver dende as casas. Os días da fin de semana e festivos non teñen vídeo. Agardamos que desfrutedes.

viernes, 1 de diciembre de 2023

Calendario Nadal. Proyecto sementando

Este é o calendario de advento elaborado polo noso alumnado desde Infantil ata 6º de Primaria. Cada curso fixo un vídeo sobre a hortaliza, vexetal ou froita da súa clase, que se irán facendo visible a medida que pasen os días do mes de decembro. 

viernes, 27 de noviembre de 2020

ADVENTO DE CONTOS

Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos. 

jueves, 26 de noviembre de 2020

Advento de contos

E pouco a pouco achegámonos ao tempo de Nadal. Aquí tedes o noso particular calendario de advento no que estamos a traballar dende as aulas e que tamén poderedes ver dende a casa. Detrás de cada un dos días de decembro atoparedes un fermoso agasallo, que comezaremos a abrir a partir de decembro.