domingo, 31 de marzo de 2013

Día internacional do libro infantil e xuvenil

Dende 1967, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil para promocionar os libros e a lectura.




Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios 
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
 
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
 
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas, 
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco


Nós, celebrarémolo lendo algúns dos contos de  Andersen que temos na nosa biblioteca.
Contos  de Hans Christian Andersen
Vídeos de contos.

viernes, 22 de marzo de 2013

III RECITAL DE POESÍA

Hoxe celebramos o "Día da poesía".
Como xa sabedes o noso PDI deste curso é "O universo",  esa vai ser a temática deste recital.
Así mesmo, seguimos homenaxeando a Rosalía de Castro.


O recital foi un auténtico éxito.
Aquí podedes ver os vídeos do recital

jueves, 21 de marzo de 2013

Dïa da poesía

Esta semana celebraremos o "III Recital de Poesía".
Todos os nenos e nenas levan moitos días preparando as súas poesías. 


 Este ano a temática das poesías vai ser "O universo" pero continuamos coa homenaxe a Rosalía de Castro e tamén recitaremos poesías dela.
Pronto poderedes ver as fotos e os vídeos.

Recursos para ler poesía:

http://sondepoetas.blogspot.com.es/
http://www.orellapendella.org/
http://antologiapoeticamultimedia.blogspot.com.es/


Saúdos poéticos .

martes, 19 de marzo de 2013

Lo más dulce de la tierra

Xa sabedes que todo o colexio estamos a aprender moitas cousas sobre "O Universo".
Os alumnos e alumnas de 4º A, perante a Hora de ler, estiveron representando na Biblioteca a obra "Lo más dulce de la tierra".


Preguntáronnos algunhas adiviñas e tiveron moito éxito.
Moi bo traballo.
Na páxina web do centro podedes ver as fotos.

jueves, 14 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013

Os días 7 e 8 de marzo, en Santiago, tivo lugar unha actividade de formación do profesorado destinada aos responsables das bibliotecas integradas no Plan de mellora de bibliotecas escolares.


O eixe temático dos Encontros foi "A biblioteca como factor de compensación de desigualdades sociais, e a contribución da biblioteca escolar á formación para a competencia mediática e informacional, mediante programas específicos e traballos por proxectos de carácter interdisciplinar".
Se queres ver as presentacións, enlaces de interes e outros preme aquí.

miércoles, 13 de marzo de 2013

Semana da prensa

Esta semana estase a celebrar a "Semana da prensa".

Deixo un enlace a un traballo sobre a semana da prensa elaborado conxuntamente polo CEIP de Cespón e o CEP Pilar Maestú Sierra.
Moitas grazas por un traballo tan ben feito e compartilo.



http://bibliotecacespon.blogspot.com.es/2013/03/semana-da-prensa.html

viernes, 8 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celébrase o Día da muller traballadora.
Este día conmemórase a loita da muller a través do tempo por disfrutar dos mesmos dereitos que os homes e o mesmo recoñecemento na sociedade.
No noso colexio imos facer un traballo de investigación sobre varias mulleres galegas que destacaron nos seus traballos:
Ángela Ruíz Robles,  Mª Antonia Dans, Francisca Herrera, María Wonenburger, María Barbeito, María Casares, Rosalía de Castro, Luz Pozo Garza, Mª Ángeles Alvariño González...

Podedes ver varios recursos elaborados por as bibliotecas escolares de algúns centros galegos https://sites.google.com/site/diadamullertraballadora/

ONU-Mulleres presenta unha campaña mundial para conmemorar o "Día Internacional da Muller", apoiándose nesta canción, composta e cantada por varios  artistas de distintos países.