Dende 1967, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil para promocionar os libros e a lectura.
Lemos
xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as
palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos
murmurios
e
ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos
que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos
en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as
nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e
nenos que atrapan as estrelas.
Lemos
xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo
o mundo coa alegría nos libros.
Poema
de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco
Nós, celebrarémolo lendo algúns dos contos de Andersen que temos na nosa biblioteca.
Contos de Hans Christian Andersen
Vídeos de contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario