Mostrando entradas con la etiqueta formación profesorado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación profesorado. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de junio de 2025

Koha

Este año a nosa biblioteca mudou o sistema de xestión dos fondos o que requeriu do reetiquetado de todos os exemplares así como da corrección do catálogo. 

Por iso, estes últimos meses non se puido realizar o habitual préstamo no tempo de recreo. 

Continuamos formándonos e traballando no proceso, pero temos unha nova que comunicarvos. Xa dispoñemos dunha nova páxina de acceso ao noso catálogo, dende onde ides a poder consultar os libros dispoñibles, as últimas adquisicións, os máis emprestados, etc. 

O novo programa chámase KOHA, e funciona dun xeito similar ao das bibliotecas públicas municipais. Deixámovos o enlace para que poidades entrar.  https://ceipvictorseoane.edubib.xunta.gal/


miércoles, 8 de mayo de 2024

Formacións profesorado

Durante este curso, o profesorado do centro estivo a participar en diversas formacións relacionadas coas líneas formativas nas que participa o centro. 

POLOS CREATIVOS: Pensamento computacional

A HORTA: Creación dunha horta escolar.
 SAÚDE MENTAL

ERASMUS: Reggio Emilia, etc