Mostrando entradas con la etiqueta reto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reto. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2025

Reto do galego

 Comezamos co Reto do galego, comprometéndonos a empregar máis a nosa lingua durante estes 15 días. Para lembranos levaremos postas as chapas que elaboramos na aula. 

Cada alumno/a creou a súa propia e entre todas saíron 4 elixidas, unha por cada ciclo. 

En 3º ciclo (5º e 6º EP) 

En 2º ciclo ( 3º e 4º de EP)
En 1º ciclo ( 1º e 2º de EP)
En Infantil (3,4 e 5 anos)

Durante esta semana recibiremos aos avós e avoas da cativada que querian vir a compartir con nòs un pouquiño da tradición oral, contos ou cantigas da terra. 

domingo, 9 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS: RETO DO GALEGO

 Comezamos a semana que imos dedicar á celebración das nosas letras. Durante esta semana o alumnado levará a cabo o reto do galego, consistente en intentar empregar o galego nas nosas conversas diarias. Para recordarnos este compromiso, elaboramos unhas chapas que levaremos postas durante as dúas semanas que dure o reto, do 10 ao 23 de maio.

O deseño da chapa foi elaborado polo noso alumnado, de entre todas as propostas, xa temos a elexida. Parabéns Nuria! 


domingo, 17 de mayo de 2020

ÁBRESE O PANO 2


ÁBRESE O PANO 1

Xa están aquí as vosas representacións de escenas de contos en galego! Preparados para xogar a adiviñar de que conto se trata? Non vale facer trampas! Parade o vídeo e intentade adiviñar antes de que apareza a resposta. 


Quedáchedes con ganas de máis? Non vos preocupedes! Haberá unha segunda parte!
 Moitas grazas a tod@s por participar!

EU FALO GALEGO


miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO 2: ÁBRESE O PANO!

Ricardo Carvalho Calero é o escritor homenaxeado no día das letras galegas de este ano. O teatro foi unha das súas grandes paixóns. Foi espectador, escritor e tamén director de obras teatrais. O amor polas artes escénicas acompañouno toda a vida.
Nos propoñémosvos un RETO: ÁBRESE O PANO! Pensade nun conto, libro...en galego. Carazterizádevos como os seus persoaxes e preparade un dos escenario. Gravadevos en vídeo ou sacade unha foto representando unha das escenas. Mándao ao noso correo:  bibliomistos@gmail.com 

O prazo vai ata o16 de maio. O 17 publicaranse no blog da biblioteca os vosos vídeos ou fotos.
O 17 de maio ides poder ver a vosa foto/vídeo e a dos demais compañeiros/as e xogar a adiviñar de que conto se trata!
Por exemplo, Ábrese o pano e aparece unha familia carazterizada do lobo e os porquiños. Péchase o pano, que conto é?

Que teñades un bo día!      
 Exemplos

RETO 1: EU FALO GALEGO

Todos os anos no noso centro celebramos o Reto Eu falo galego, no que durante dúas semanas nos comprometemos a falar en lingua galega. Este ano celebrarémolo dun xeito especial, sen chapa pero con bandeira.
Propoñémosvos debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo: bibliomistos@gmail.com antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.

Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego!  E ti? Animádevos a participar!



jueves, 23 de abril de 2020

viernes, 17 de abril de 2020

PORTADAS DE CONTOS

Estánnos chegando as vosas recreaccións de portadas de libros! Están xenial, sodes uns xenios. A vindeira semana publicarémolas todas. Os que aínda non a fixechedes, agardamos pola vosa proposta!



Mentres deixámosvos estes vídeos onde contan historias xogando cos títulos.

miércoles, 15 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes o 23 de Abril celebramos o DÍA DO LIBRO. Este ano imos a celebralo dun xeito moi especial, propoñémosvos uns RETOS:

RETO 1: SACA UNHA FOTO REPRESENTANDO A PORTADA DUN CONTO
Pon a proba a túa creatividade e sorpréndenos! Deixámosvos un exemplo.


RETO 2: SACA UNHA FOTO LENDO LENDO UN DOS TEUS CONTOS
Retrata o teu momento de lectura; colocate no recuncho no que lees, ou amosanos o tempo de ler coa túa familia. 

CANDO A TEÑAS ENVÍAA AO CORREO DA BIBLIO bibliomistos@gmail.com PARA COMPARTILA COS TEUS COMPAÑEIROS/AS NO BLOG!

DATA DE COMEZO: DENDE HOXE MESMO! ESPERAMOS AS VOSAS PROPOSTAS!

RETO PARA ESTES DÍAS

Podes atopar 34 contos clásicos? Se consigues adiviñar algúns, mándanos as túas respostas! Publicaremos o nome dos que máis contos adiviñen!

(Material de Lado, material didáctico)

lunes, 17 de febrero de 2020

Día de Rosalía

O vindeiro 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, unha das nosas pioneiras. Este ano propoñémosvos un reto: aprender unha poesía da autora en galego e recitala na biblioteca, no recreo ou na hora de ler, da semana do 27 ao 28 de febreiro.
Aquelas persoas que se animen a recitar levarán unha chapa de Rosalía de Castro como agasallo. Animádevos!
Para as que queirades ir practicando, deixamosvos un dos seus poemas convertido en canción no enlace!