Esta semana Janira, Cynthia e Marta fixeron para todos nós, uns experimentos moi sinxelos pero, a vez, moi vistosos.
Moitas grazas
jueves, 26 de febrero de 2015
Contacontos con linguaxe de signos
Hoxe tivemos unha actividade moi sorprendente.
Un grupo de alumnos de Educ. Infantil e de Linguaxe de signos, do IES Ángel Casal, estiveron no noso colexio e contáronos varios contos: Ricitos de oro, Os tres porquiños, La aventura de los animales del bosque, A ratiña presumida...
Esa nova linguaxe deixounos abraiados.
Estamos desexando que volvades.
Moitas grazas.

miércoles, 25 de febrero de 2015
DÍA DO CONTO: DOS OSOS GRANDES
Con este conto volveu o día do conto aos nosos venres.
Depois dos arranxos do chan e reorganización da biblio, conseguimos comezar outra vez con esta actividade que tanto nos gusta.
Entre Carmela, María, Aitana, Marta e Daniel, de 3º de primaria, fixeron unha magnífica dramatización do conto de Ana e Andrés Guerrero, "DOS OSOS GRANDES", publicado pola Editorial Anaya.
Os irmáns osos discuten por saber quen é máis grande dos dous. Menos mal que mamá e papá chegan para poñer paz entre eles.
domingo, 22 de febrero de 2015
Día de Rosalía de Castro 2015
A Asociación de Escritores en Lingua Galega AELG invítanos para que celebremos, o martes 24, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Este curso traballaremos moi especialmente o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
Adiós, ríos; adiós fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoço
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quén pudera non deixar...!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterróu,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos crióu.
Xa se oen lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar ;
para min, ¡ai !, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oen lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor ;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!.
¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizáis...!
Dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡meu lar!
Podedes escoitar a versión musicada por:
Amancio Prada
Lucía

viernes, 20 de febrero de 2015
Visita á biblioteca de Monte Alto
Na nosa visita á biblioteca de Monte Alto, Marta e Inés ensináronnos como está organizada a biblioteca.
Sorprendémonos un pouco ao ver que os libros están organizados dunha forma moi parecida á nosa biblioteca.
Explicáronos o que é a CDU e puxéronnos un reto. Tiñamos que buscar as respostas a varias preguntas utilizando dicionarios, enciclopedias, internet...
A visita foi moi interesante.

martes, 17 de febrero de 2015
O mércores científico
Este mércores comézamos unha nova actividade o "Mércores científico"
Os rapaces e rapazas van mostrar experimentos científicos para o resto dos compañeiros.
Esta semana comezaron Dani, Gabriel, Rubén, Xurxo e Marta de 6º
Se mirades as caras de asombro dos rapaces adiviñaredes o moito que lles gustou.
Graciñas rapaces, explicaches moi ben os vosos experimentos.

domingo, 15 de febrero de 2015
Festival do Entroido
O pasado venres celebramos o entroido. Como sabedes o PDI deste ano xira arredor da Ciencia. Os disfraces forman parte do noso proxecto.
A proposta do equipo de biblioteca era: científicos, descubrimentos científicos...
E polo cole paseouse Víctor López Seoane, Cousteau, Darwin...e diversos inventos a fregona, a roda, o lume...
Logo do desfile degustamos sobremesas típicas do entroido. Queremos dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración.
Velaí algunhas imaxes do que foi a celebración do entroido

domingo, 8 de febrero de 2015
Mais experimentos de ciencias
Podedes mover un alfinete sen tocalo?
Porque voan os avións?
Un vaso baleiro ten algo dentro?
Os rapaces e rapazas de 5 anos pódenvos contestar a estas e outras preguntas.
Manuel, o pai de Daniel , Belén e Dina e aprendéronnolo moi ben.

lunes, 2 de febrero de 2015
Experimentos de ciencias
Hoxe foi un día moi especial na clase de 5 anos.
Andrés, coa axuda da súa filla e algúns dos seus compañeiros, fixo para todos nós varios experimentos científicos moi moi interesantes.
Inflaron un ovo sen soplar, fabricaron refrescos, un volcán,...Mirade as fotos
Moitas grazas Andrés

Suscribirse a:
Entradas (Atom)