Este curso traballaremos moi especialmente o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
Adiós, ríos; adiós fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoço
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quén pudera non deixar...!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterróu,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos crióu.
Xa se oen lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar ;
para min, ¡ai !, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oen lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor ;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!.
¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizáis...!
Dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡meu lar!
Podedes escoitar a versión musicada por:
Amancio Prada
Lucía
No hay comentarios:
Publicar un comentario