Con este conto volveu o día do conto aos nosos venres.
Depois dos arranxos do chan e reorganización da biblio, conseguimos comezar outra vez con esta actividade que tanto nos gusta.
Entre Carmela, María, Aitana, Marta e Daniel, de 3º de primaria, fixeron unha magnífica dramatización do conto de Ana e Andrés Guerrero, "DOS OSOS GRANDES", publicado pola Editorial Anaya.
Os irmáns osos discuten por saber quen é máis grande dos dous. Menos mal que mamá e papá chegan para poñer paz entre eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario