Dende a biblioteca do centro gustaríanos informarvos da celebración da quinta edición do Festival Mar de Mares na nosa cidade do 20 ao 23 de este mes. Este festival quere achegarnos a vída dos océanos. Se estades interesados podedes consultar a programación na súa páxina web.
Agardamos que sexa do voso interese.
http://festivalmardemares.org/el-festival/?lang=es
Mostrando entradas con la etiqueta cultura galega e tradicional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura galega e tradicional. Mostrar todas las entradas
lunes, 17 de septiembre de 2018
domingo, 26 de febrero de 2017
Entroido
Por fin chegou o gran día, o venres de carnaval fixemos o desfile e rematamos a festa coa degustación de sobremesas típicas do Entroido.
Queremos agradecer a colaboración de todas as familias na axuda da confección dos disfraces, as sobremesas e a súa participación no desfile e dun xeito particular a Quique Bravo que puxo a disposición de toda a Comunidade un excelente reportaxe fotográfico.
viernes, 24 de febrero de 2017
miércoles, 22 de febrero de 2017
As adiviñas e os mandados do Meco
martes, 21 de febrero de 2017
Aa adiviñas do Entroido
A de hoxe, si que era fácil. Todos a coñecemos, participamos e gozamos todos os anos no noso barrio.
A adiviña para mañá non é tan fácil nin se celebra tan cerca do noso barrio.
Donde se celebra?
E que opinades dos mandatos do Meco. Primeiro algo na cabeza, logo os zapatos de distinta cor e agora que nos manda?
Animádevos
lunes, 20 de febrero de 2017
Adiviñas e mandados do Meco
Noraboa!
A todos os que acertáchedes as adiviñas de hoxe.
A adiviña de mañá aínda é mais fácil. Animádevos
O mandado do Meco para mañá é:
Imos estar guapísimos!!!
viernes, 17 de febrero de 2017
ENTROIDO
Estamos en tempo de Entroido. No cole estamos traballando e preparando os nosos disfraces para a festa que teremos o próximo venres.
Este xoves celebramos o "Xoves de compadres" e o próximo celebraremos o "Xoves de comadres".Pero non podemos olvidarnos dos mandados do "Meco". Para o próximo luns manda:
Tamén estades invitados a participar nun novo reto.Vos atrevedes?
Tedes que levar as vosas respostas á vosa clase.
Animádevos
Se queredes ter mais información sobre esta festa tradicional galega premede nos seguintes enlaces.
miércoles, 7 de diciembre de 2016
Magosto 2016
No noso colexio queremos poñer en valor as nosas tradicións.
No mes de novembro celebramos a festa do Magosto. Na súa orixe, o Magosto era unha festa arredor do lume e as castañas asadas coas que os galegos honraban as colleitas.
O lume do fogar convidaba a compartir contos e lendas antigas.
Asamos e comimos castañas, xogos populares da rapazada de Infantil e unha Xincana dos maiores.Podedes ver as actividades e os vídeos se premedes na imaxe.
viernes, 2 de diciembre de 2016
CANTOS DE REIS
Houbo un tempo en que foi tradición, nas nosas parroquias de Galicia, ir cantar polas casas nestas festas de Nadal.
Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, cancións que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.
A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.
Os Reises cantamos
pedindo aguinaldo
chourizas, touciño
pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo,
pra face-lo caldo,
chourizas, touciño
pedindo o aguinaldo
Bibliomistos escribiu unha carta á nosa rapazada solicintándolles que trouxesen á Biblioteca todas estas cantigas que coñecen as súas familias.
Ola rapaces e rapazas:
Como estades?
O outro día lendo un libro atopei unhas
cantigas preciosas. En Biblioplanet están entuasiasmados con elas. Os mistos
pequerrechos pasan o día cantandoas e pedíronme máis. No libro dicía que os
vosos avós e avoas, cando chegaba o tempo de nadal , cantaban esas cancións que
se chaman “Cantos de Nadal” . Coñecedes algunha?
Pregúntade as
vosas familias e traédeas a biblioteca. Se veñen decoradas moito mellor.
Espérovos na
biblioteca
Bibliomistos
lunes, 8 de febrero de 2016
Entroido
O venres celebramos o Entroido. Os nosos rapaces e rapazas disfrazáronse de traballos relacionados co noso porto: pescadores, mariscadores, peixes; o noso gran pintor Urbano Lugris e non faltaron os seguidores do Basquet Coruña e o Deportivo. Divertímonos moito no desfile e rematamos coa degustación de sobremesas tradicionais galegas.
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, sen a vosa axuda o Entroido non sería o mesmo.
martes, 2 de febrero de 2016
ENTROIDO
O próximo día 2 de febreiro comeza a celebración do Entroido.
Hai moitos libros onde podedes atopar información sobre esta celebración da chegada da primavera e as tarefas agrarias.
Aquí tedes unha mostra: O antroideiro
lunes, 14 de diciembre de 2015
jueves, 14 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS
Durante toda a semana estamos a celebrar a Semana das Letras Galegas.
Realizamos diversas actividades. Estudamos a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde.
Hoxe tivemos unha celebración moi entrañable. Os nenos e nenas de 3 anos recibiron a visita dos seus abós e aboas, todos xuntos cantamos cancións tradicionais galegas acompañados dun acoreón e varias panderetas.
Esperamos que pronto nos poidamos xuntar de novo.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Mañá tamén vai ser un día moi especial. Imos recibir a visita do grupo Xebre Seguiremos contando.
Realizamos diversas actividades. Estudamos a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde.
Hoxe tivemos unha celebración moi entrañable. Os nenos e nenas de 3 anos recibiron a visita dos seus abós e aboas, todos xuntos cantamos cancións tradicionais galegas acompañados dun acoreón e varias panderetas.
Esperamos que pronto nos poidamos xuntar de novo.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Mañá tamén vai ser un día moi especial. Imos recibir a visita do grupo Xebre Seguiremos contando.
lunes, 24 de noviembre de 2014
Magosto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









