viernes, 31 de marzo de 2017
domingo, 26 de marzo de 2017
"COUSAS DE PAPÁ"
Durante este mes da poesía, o alumnado de primeiro e segundo gozaron moito coa recitación das poesías do libro de Raúl Gómez Pato "Cousas de papá" e o día 20 tiveron unha agradable sorpresa.
Héctor Lorenzo, o autor da música, visitounos e cantou con nós esas cantigas tan alegres e divertidas.
LEDICIA COSTAS: "Escarlatina a cociñeira defunta"
Os rapaces e rapazas de cuarto, despois de ler "Escarlatina a cocíñeira defunta" estabamos cheos de interrogantes; porque o nome de Escarlatina, porque Lady Horreur era francesa, porque o nome do mortobus, porque usar un Hummer,...
Invitamos a Ledicia Costas a visitarnos á nosa biblioteca e ela aclarounos todas as nosas dúbidas.
Ledicia foi encantadora ,aclarounos as nosas preguntas, contounos porque posteriormente escribiu "Esmeraldina a pequeña defunta"e ao final adicounos os nosos libros.
jueves, 23 de marzo de 2017
VII RECITAL DE POESÍA
O pasado día 21 celebramos o "VII Recital de poesía", no que recitamos poesías de autoras tan importantes, coma Rosalía de Castro e Gloria Fuertes, tampouco faltaron poesías de autores coma Antón Cortizas, María Canosa..., e descubrimos os Limerick, da man de Ingrid.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do recital para que vexades o ben que o pasamos!
viernes, 10 de marzo de 2017
MANOLO RIVAS: BALA PERDIDA
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º estiveron a ler un libro de piratas: Bala Perdida.
Bala Perdida, o pirata, e Rosa Ribeiro, periodista, son os persoaxes principais dunha narración que nos fala de amizade, xusticia e bos sentimentos.
Manolo Rivas recitounos pequenos fragmentos do seu libro
Mais tamén puxo en valor a importancia da imaxinación, das musas, da ironía, da transmisión do coñecemento que recibimos nas viaxes que nos proporcionan as lecturas. A literatura permítenos vivir distintas vidas.
O tempo voou e, antes de marchar, adicounos o seu libro.
domingo, 5 de marzo de 2017
MATHS CHAMPIONS
Dous grupos de alumnos e alumnas de 5 anos participaron no concurso de matemáticas MATHS CHAMPIONS.
A rapazada aproxímanse as matemáticas desde unha perspectiva diferente. A través de xogo resolven diversas probas de estadística, lóxica...
Tedes mais información na páxina web do noso cole.
A rapazada aproxímanse as matemáticas desde unha perspectiva diferente. A través de xogo resolven diversas probas de estadística, lóxica...
Tedes mais información na páxina web do noso cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)