viernes, 31 de marzo de 2017

The Comic Adventures of Old Mother Hubbard and Her Dog


Ana Carolina, Lucía, Miguel, María e Rubén recitaron para os seus compañeiros de quinto e sexto a poesía "The Comic Adventures of Old Mother Hubbard and Her Dog"

 Seguide lendo e recitando poesías.
Parabéns para todos.

domingo, 26 de marzo de 2017

"COUSAS DE PAPÁ"

Durante este mes da poesía, o alumnado de primeiro e segundo gozaron moito coa recitación das poesías do libro de Raúl Gómez Pato "Cousas de papá" e o día 20 tiveron unha agradable sorpresa.



Héctor Lorenzo, o autor da música, visitounos e cantou con nós esas cantigas tan alegres e divertidas.






LEDICIA COSTAS: "Escarlatina a cociñeira defunta"

Os rapaces e rapazas de cuarto, despois de ler "Escarlatina a cocíñeira defunta" estabamos cheos de interrogantes; porque o nome de Escarlatina, porque Lady Horreur era francesa, porque o nome do mortobus, porque usar un Hummer,...

Invitamos a Ledicia Costas a visitarnos á nosa biblioteca e ela aclarounos todas as nosas dúbidas.

Ledicia foi encantadora ,aclarounos as nosas preguntas,  contounos porque posteriormente escribiu  "Esmeraldina a pequeña defunta"e ao final adicounos os nosos libros.

jueves, 23 de marzo de 2017

VII RECITAL DE POESÍA

O pasado día 21 celebramos o "VII Recital de poesía", no que recitamos poesías de autoras tan importantes, coma Rosalía de Castro e Gloria Fuertes, tampouco faltaron poesías de autores coma Antón Cortizas, María Canosa..., e descubrimos os Limerick, da man de Ingrid.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do recital para que vexades o ben que o pasamos!



viernes, 10 de marzo de 2017

MANOLO RIVAS: BALA PERDIDA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º estiveron a ler un libro de piratas: Bala Perdida.
Bala Perdida, o pirata,  e Rosa Ribeiro, periodista, son os persoaxes principais dunha narración que nos fala de amizade, xusticia e bos sentimentos.



 Manolo Rivas recitounos pequenos fragmentos do seu libro





Mais tamén puxo en valor a importancia da imaxinación, das musas, da ironía, da transmisión do coñecemento que recibimos nas viaxes que nos proporcionan as lecturas. A literatura permítenos vivir distintas vidas.
O tempo voou e, antes de marchar, adicounos o seu libro.




domingo, 5 de marzo de 2017

MATHS CHAMPIONS

Dous grupos de alumnos e alumnas de 5 anos participaron no concurso de matemáticas MATHS CHAMPIONS.
A rapazada aproxímanse as matemáticas desde unha perspectiva diferente. A través de xogo resolven diversas probas de estadística, lóxica...


Tedes mais información na páxina web do noso cole.