viernes, 10 de marzo de 2017

MANOLO RIVAS: BALA PERDIDA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º estiveron a ler un libro de piratas: Bala Perdida.
Bala Perdida, o pirata,  e Rosa Ribeiro, periodista, son os persoaxes principais dunha narración que nos fala de amizade, xusticia e bos sentimentos.



 Manolo Rivas recitounos pequenos fragmentos do seu libro





Mais tamén puxo en valor a importancia da imaxinación, das musas, da ironía, da transmisión do coñecemento que recibimos nas viaxes que nos proporcionan as lecturas. A literatura permítenos vivir distintas vidas.
O tempo voou e, antes de marchar, adicounos o seu libro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario