domingo, 22 de diciembre de 2013

GUÍA NADAL 2013

Tras moitas dúbidas, moitas buscas e moito traballo, por fin.....aquí está a nosa selección de lecturas para este ano.
Temos libros para todas as idades, desde 3 ata 12 anos. Tamén temos una nova sección que se chama: PARA COMPARTIR, onde atoparedes moitos tipos de libros: para aprender, para investigar, para fabricar os nosos xoguetes, para valorar o arte, CD´S de música, DVD´S de contos...
En fin....moitas ideas e moitas cousiñas que vos poden interesar.
Aquí deixámosvos unha pequena sinopse de todos eles para que elixades o que máis vos guste.

BO NADAL E PRÓSPERAS LECTURAS !!!!

TALLER DE CÓMICS


Como xa sabedes, este curso o PDI do noso colexio é "A banda deseñada". Lemos, debuxamos, creamos cómics e tamén xogamos.
Queres xogar cos cómics? 
A biblioteca do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela preparou uns xogos moi divertidos.
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/playcomic/spanish/index_flash.html

A que esperas?

domingo, 15 de diciembre de 2013

DÍA DO CONTO: EL MONSTRUO PELUDO



QUE MARABILLA DE LIBRO!!!
Medo, medo....non da pero risasss, un montón.
Este libro narra a historia dun monstruo moi feo e peludo que quere comerse unha nena que.....que se desmelena e que con cada rima que fai volve tolo a este monstruo.
Tocoulle o turno a Elena, a mestra de E.F. que encántalle contar contos e desfrutar con eles.
Desta vez viñeron nenos e nenas de 1º e de 3º de primaria e pasámolo xenial.

martes, 10 de diciembre de 2013

DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 2013 celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.

Estamos seguros de que estes días  escoitaches falar de Nelson Mandela. Mais sabes quen é?
Según Vargas Llosa "transformou a historia de Sudáfrica dunha maneira que parecía inconcibible e demostrou, coa súa intelixencia, honestidade e valentía, que no campo da política, as veces, os milagres son posibles

Nelson Mandela - Viaje a la Libertad [History Channel] [Documental]

domingo, 1 de diciembre de 2013

DÍA DO CONTO: RATONCITO SE VISTE

Este cómic fala dun ratoncito un pouquiño movido que quería ser maior.
Antía e Janira de 5ºB quixeron contarnolo este venres na hora do conto e tiveron un éxito....
Viñeron nenos e nenas de 1º, 2º, 3º, 5º e 6º!!!
Deixámosvos aquí estas fotos do momento tan divertido que tivemos.