Estas son as palabras e o traballo de dous mestres: Gracia e Anxo. Dous mestres do colexio de Forcarei.
"Fomentamos a
lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade
de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.
Cremos na lectura
como solución.
Cremos na lectura
como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
Cremos na lectura
como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do
horizonte sen fin.
Cremos na lectura
como CULTURA.
E sobre todo cremos
na lectura no noso idioma, na nosa lingua. Porque só defendendo ambas cousas,
LINGUA E CULTURA, o noso país terá futuro de seu."