Mostrando entradas con la etiqueta Mes da ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mes da ciencia. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de noviembre de 2024

Mes da ciencia en galego


 Durante o mes de novembro atoparedes estes recunchos científicos na biblio. Animádevos a descubrilos! 




 




 

viernes, 11 de noviembre de 2022

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Ciencia nas portas

Así quedou o noso cole despois de converter cada unha das portas das clases nunha páxina dun libro sobre as mulleres galegas. Cada aula estivo a estudar sobre unha muller científica Galega 👩🏻‍🔬 e con esa información decoraron a súa porta de aula. Da un paseo polo cole e coñece máis sobre a nosa cultura.














 

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Mes da ciencia

Queres saber máis sobre ciencia? Aproveita este mes e leva un dos libros da exposición en préstamo. Quizás chegues a ser un científico/a algún día!


viernes, 23 de noviembre de 2018

Mes da ciencia

Coñecemos científic@s e realizamos experimentos nas aulas. A nosa temática de lectura é sobre a ciencia este mes. Se aínda non te decataches, podes vir a coller o teu libro á mesa do hall e levalo prestado pasando pola biblio!
Déixovos as fotos dalgúns dos experimentos que se realizaron nas aulas estos días e nos que tamén participaron as familias.












Animádemos, a experimentar!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Chegou Novembro e con el o mes da CIENCIA. Durante esta semana o acceso aos MUSEOS da cidade é gratuito. Unha boa oportunidade para facerlles unha visita! Se picades no científico podedes acceder a programación


Tamén se suman a esta celebración as BIBLIOTECAS MUNICIPAIS. Picando na seguinte imaxe podedes acceder ás diversas actividades que se ofertan.

As mulleres na ciencia: Mostra bibliográfica con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 
- O xogo de Nano: Contacontos para coñecer as partes do corpo ao ritmo da musica, con Raquel Queizás. Para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
- A maxia da ciencia. Ciencia Show:  Maxia e ciencia para amosar o lado divertido do coñecemento, con José Antonio Godoy. 
Planetario ciencia kids-fulldome space Proxección, con deformación xeodésica dentro dunha estrutura de domo para mergullarse nun mundo de ficción. Para nenos e nenas de máis de 3 anos. 
Contos en lingua de signos Por membros da Federación de persoas xordas de Galicia (FAXPG). 
- Rato canguro Contacontos pola igualdade, con Trinke trinke. Para nenos e nenas de máis de 3 anos. 


Para celebrar este mes como se merece invitámosvos a visitar esta selección de libros sobre experimentos, científicos, ciencia, ... onde seguro atopades algún libro que xa coñecedes e quizais outros que estades a puntiño de descubrir! Picade na imaxe para acceder. 




 "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".  Luís Navarro