martes, 28 de noviembre de 2017

CONTAVENRES


Contacontos cultura xitana

Esta mañá o alumnado e profesorado de 5º A e B, tiveron a sorte de poder contar con Sebastián Porras e Manuel Cortés, que viñeron dende a Fundación Privada Pere Closa, de Catalunya.
Estiveron contándonos historias xitanas que falan de inclusión, de igualdade e da importancia da educación.
Tamén nos achegaron á orixe da étnia xitana, procedente da India e Pakistán dende hai máis de 6 séculos, ou á lingua Rromanó, común a todas as xitanas e xitanos espallados polo mundo. 
Chaval, pinrel ou jalar, palabras que empregamos a diario, xurden de alí.

Esta actividade a realizouse grazas a un proxecto do Ministerio de Educación e a Universidade da Coruña.


miércoles, 15 de noviembre de 2017

NOVAS

Con motivo da #semanaciencia2017 a entrada aos museos científicos de A Coruña será de balde do 13 ao 19 de novembro. 
Ademais terán lugar charlas, espectáculos científicos, presentacións literaria... Atent@s ás publicacións de actividades en
https://www.facebook.com/casaciencias/

MES DA CIENCIA

O alumnado de 3º e 5º curso elaborou estas preciosas maquetas do Sistema Solar. Grandes artistas!

CONTAVENRES

Este venres un grupo de alumnos de 2º representanos o conto...

sábado, 11 de noviembre de 2017

Maletas científicas

Co obxectivo de difundir os recursos da nosa biblioteca no ámbito científico (andeis do número 5, cor verde) e achegar a ciencia ao noso alumnado, este mes de novembro vai de experimentos.

Esta semana chegará a cada unha das aulas de primaria unha MALETA CIENTÍFICA que consta de libros de ciencia, materiais para a realización de experimentos e unhas follas de recollida de datos. 
Preparad@s, list@s, comezamos!

Como clausura da actividade realizaremos unha FEIRA CIENTÍFICA escolar na que cada curso preparará un posto co seu experiemento. 


Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas.
 A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017


martes, 7 de noviembre de 2017

Gañadores/as concurso de portas mounstruosas

Xa temos clase gañadora do concurso de portas mounstruosas do cole!! Parabéns ao alumnado de 4•A e a súa titora! En breves veremos como gozan do seu merecido premio.



lunes, 6 de noviembre de 2017

CONCURSO PORTAS MOUNSTROUSAS

Chegou a hora de elixir a porta máis orixinal, creativa, fantasmagórica ... a fin de contas, a que máis gustou. O alumnado tívoo claro! O martes coñeceremos os gañadores/as do premio: Unha sesión de cine de terror con flocos de millo.
Sorte a todos os participantes e parabéns polo voso traballo!

domingo, 5 de noviembre de 2017

FOTOS OBRADOIROS

Rematadas as sesións de obradoiros de Samaín na biblio, deixámosvos unha pequena mostra, con algúns dos participantes.