sábado, 11 de noviembre de 2017

Maletas científicas

Co obxectivo de difundir os recursos da nosa biblioteca no ámbito científico (andeis do número 5, cor verde) e achegar a ciencia ao noso alumnado, este mes de novembro vai de experimentos.

Esta semana chegará a cada unha das aulas de primaria unha MALETA CIENTÍFICA que consta de libros de ciencia, materiais para a realización de experimentos e unhas follas de recollida de datos. 
Preparad@s, list@s, comezamos!

Como clausura da actividade realizaremos unha FEIRA CIENTÍFICA escolar na que cada curso preparará un posto co seu experiemento. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario