Coincidindo co día das bibliotecas escolares comezamos a apertura da nosa biblio no tempo de recreo. Será atendida polos axudantes de 6º xunto coas mestras. E o alumnado de primaria poderá vir para ler, levar libros en préstamo, solicitar algún conto, xogar cos xogo de mesa, representar contos, construír cos legos, ou escoitar os contacontos dos venres. Desfrutando da lectura e dos libros entre amigos/as de todas as idades.
Mostrando entradas con la etiqueta Día da biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da biblioteca. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de octubre de 2024
miércoles, 16 de octubre de 2024
Apertura da biblioteca durante os recreos
Despois de estas semanas de posta a punto e de realización das formacións de usuarios, a biblioteca xa ten data de apertura no tempo de lecer, coincidindo co Día das bibliotecas, será o 24 de outubro. Agardámosvos!
martes, 24 de octubre de 2023
jueves, 19 de octubre de 2023
domingo, 24 de octubre de 2021
domingo, 17 de octubre de 2021
A nosa biblioteca
Queremos presentarvos o novo espazo de biblio as súas normas de uso.
Cando remates a prensentación podes xogar con este kahoot! para poñer a proba os teus coñecementos. https://create.kahoot.it/share/o-preguntofono-da-biblio/47ed35e6-2df7-4ecd-8ef9-d8ad43a93805sábado, 24 de octubre de 2020
Día das bibliotecas escolares
Este ano a nosa biblioteca está reubicada nas diferentes aulas, por iso este día das bibliotecas escolares o celebramos dende cada unha delas creando, decorando e poñendo normas de uso en común. Amosámosvos algunhas das bibliotecas do noso alumnado.
jueves, 24 de octubre de 2019
DÍA DA BIBLIOTECA
sábado, 19 de octubre de 2019
Día das bibliotecas escolares
Como en anos anteriores aproveitamos o día da biblioteca escolar para abrir as portas da nosa biblioteca de centro nos recreos. Durante estes primeiros días agasallaremos aos visitantes cun marcapáxinas. Achégate a polo teu! Agardámoste!
martes, 30 de octubre de 2018
Semana da biblioteca
O mércores 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas, e aproveitamos esta data tan importante para facer a presentación da biblioteca para todo o alumnado do centro.
Para presentar as normas para os nenos e nenas de Educaucón Infantil fixemos nas aulas un xogo da oca moi especial, que tamén realizamos en 1º de Educación Primaria.
Por outra banda cos nenos e nenas de Educación Primaria fixemos un KAHOOT! para recordar as normas da biblioteca, no que visitamos a biblioteca do centro e fixemos un xogo por parellas coas tablets onde había que responder a 6 preguntas.
Recordade que a partir de agora a bibliteca xa está aberto ao préstamo!!

domingo, 29 de octubre de 2017
Fotos Día da biblioteca escolar
Unha xornada para coñecer as novas propostas deste curso, familiarizarse cos novos espazos, recordar as normas establecidas e buscar os seus carnets de lectores. Aquí vos deixamos as fotos da vosa visita á biblioteca! Un pracer recibirvos! Xa sodes uns expert@s!
domingo, 22 de octubre de 2017
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O 24 de outubro é o Día da Biblioteca escolar, no noso país está dedicado especialmente a nenos/as e mozos/as.Desde 1997, o 24 de outubro, o día da biblioteca é conmemorado.
A proposta provén da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en memoria da destrución da Biblioteca de Sarajevo, queimada en 1992 durante o conflito dos Balcáns.
A iniciativa naceu para transmitir á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro para os lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento para mellorar a formación e a convivencia humana.
Todos os cursos de primaria pasarán por ela para:
- Descubrir as posibilidades e os novos espazos da biblio
- Coñecer as normas de uso
- Presentar o lema do cartel deste ano
- Recoller os seus novos carnés de lectores mediante unha búsqueda do tesouro, na que deberán poñer a proba os seus coñecementos para localizar os libros nas estanterías.
viernes, 28 de octubre de 2016
DÍA DA BIBLIOTECA
Ola!
Xa estamos aquí de novo. Temos por diante, un novo curso cheo de actividades que estamos a preparar o equipo de biblioteca.
Bibliomistos gozou tanto coñecendo Coruña, que agora quere coñecer toda Galicia. Nós imos axudarlle e pouco a pouco iremos ensinándolle todo o que investiguemos.
Queremos contar coa vosa axuda.
Esta semana celebramos o "Día das bibliotecas" coa actividade que mais lles gusta á nosa rapazada o APADRIÑAMENTO LECTOR.
Os maiores do cole escolleron un libro, prepararon a lectura, recolleron aos seus afillados e nun lugar do patio, escollidos por eles, gozaron coa lectura e as imaxes do seu libro.
Isto só é o principio, seguiremos gozando coas nosas lecturas.

sábado, 24 de octubre de 2015
DÍA DA BIBLIOTECA
O venres celebramos o "Día da biblioteca"
Os axudantes da biblioteca repartiron unha cesta con libros para a biblioteca de aula de cada clase.
Esta cesta leva revistas, cómics, libros informatívos, libros de ficción,...
Cada mes recibirán unha nova cesta chea de novidades.
Como fin de festa, Natuska contounos un conto moi bonito "Los lunares de Lola".
Moitas grazas Natuska, queremos que nos contes mais contos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)