domingo, 21 de diciembre de 2014

Festival de Nadal

Nas últimas semanas estivemos ensaiando para este día e por fin chegou. Hoxe tivemos o festival de Nadal e divertímonos moito. Cantamos, bailamos, tocamos a frauta e ao final unha grande sorpresa... as mestras de Educación Infantil representaron CATS!!! Foi fenomenal, un fin de festa xenial. Moitas grazas. Agora imos disfrutar dunhas vacacións moi merecidas. Feliz ano novo

martes, 16 de diciembre de 2014

PAPA NOEL

Xa están aquí as vacacións, mais antes de acabar as clases tivemos que escribir as nosas cartas para os Reis e Papa Noel. Hoxe veu Papa Noel co seu paxe a recoller as nosas cartas, tamén nos contou un conto moi bonito. Estamos moi ilusionados. Papa Noel non te olvides de nós.

sábado, 13 de diciembre de 2014

Visita ao Muncyt

Seguimos co noso proxecto de ciencia. Para informarnos realizamos unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

No taller ensináronos que é un sextante e ensináronos a fabricar un e a utilizalo.

viernes, 12 de diciembre de 2014

Taller de xoguetes

A todos nos gustan os xoguetes, mais non hai maior pracer que facer os nosos xoguetes. Os rapaces de terceiro e cuarto fixeron un taller no que aprenderon a facer os seus propios xoguetes.Reutilizaron materiais e saíronlles moi baratos.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

lunes, 8 de diciembre de 2014

O CREBANOCES

Este venres foi un día fantástico para os nenos e nenas de 1º ciclo.
Estiveron no centro Ágora vendo un espectáculo de títeres con técnica mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros), mentres escoitaban a música que creou Tchaikovsky para este conto de Hoffmann.

Se non coñecedes a historia, podedes lela no libro "O Crebanoces " ilustrado por David Pintor e adaptado por María Canosa Blanco.
Os rapaces xa coñecían a historia, xa que durante a semana, os seus mestres lla contaron.


Encantounos, queremos volver moi pronto.

CRIATURAS

O 5  de decembro no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas, foi presentada unha nova revista de Literatura Infantil e Xuvenil: Criaturas 


  O número 0, que se publica neste mes de decembro,  presentouno Ledicia Costas . A revista dixital terá unha publicación trimestral.


miércoles, 3 de diciembre de 2014

Anitram y Martina

A mestra Sandra contounos un conto que nos tivo todo o tempo espectantes "Anitran y Martina"































Queremos mais contos. Encántanos.