Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de mayo de 2016

SOÑANDO GALICIA... CON MANUEL MARÍA

Queremos dar a noraboa ao colexio  ADR Castelao de Rianxo, gañador do Concurso Exposición sobre Manuel María que titularon:

"Soñando Galicia ... con Manuel María "

 "Soñando Galicia... con Manuel María"

  Podedes ver o seu traballo na entrada do colexio.

AS ESCALEIRAS POÉTICAS

Unha das actividades que estamos a facer nesta celebración das Letras Galegas son as "Escaleiras poéticas"

O alumnado escolleu algunhas das estrofas das poesías de Manuel María e con elas decorou as escaleiras.  Agora subimos ás clases  recitándoas.








domingo, 8 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA

Durante todo o mes imos homenaxear o noso idioma galego e os nosos autores e autoras que escriben no noso idioma.
Estamos a ler moito, na exposición do vestíbulo ou na biblioteca podedes atopar moitas lecturas moi, moi interesantes


















O xoves tivemos un acercamento á figura e a obra de Manuel María.


Partindo dos contos  que podemos atopar en distintas obras e sobre todo en "O bigote de Mimí" a compañía Lucecús fíxonos  unha aproximación moi divertida á figura de Manuel María, chea de contos, cancións,..


jueves, 10 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

Manuel María segue a ser o autor homenaxeado nos saúdos e despedidas poéticas.

O saúdo desta mañá foi co poema "O Sol" recitado por Luca e Sabela

 


Adriana e Noa recitaron "O meu burriño"


miércoles, 9 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

Esta mañá foi toda unha sorpresa!
No fío musical da escola á hora da entrada e da saída, puidemos escoitar a gravación colectiva que fixeron as Nadarinas e Nadaríns (aula de 4 anos B) sobre o poema de Manuel María, O arco da vella (Os soños na gaiola, 1985)
Participou todo o grupo no recitado e Álvaro e Carlos axudaron a poñer o audio no equipo de son.








martes, 8 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

O primeiro día foi unha sorpresa, hoxe xa estabamos todos esperando, e valeu a pena.



Ao comezo das clases, Rut e Diego recitaron a poesía de Manuel María "A Natureza"



A saída, foron Lucía e Samuel os que nos deleitaron co poema "Galicia" de Manuel María.

lunes, 7 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

 Comezamos o mes da poesía co recitado de poesías a través da megafonía do centro.


No saúdo da mañá, Uxía recitou o poema de Manuel María "O carro". 



 A saída Alba recitounos "Agua donde vas" de Federico García Lorca.

Que boa forma de comezar e despedir o día.

 

domingo, 14 de febrero de 2016

SAN VALENTÍN

Poemiña para namorar a unha rosa

A rosa rosiña                                                               

está na roseira

ben coloradiña

feliz e riseira !


A rosa rosada

de tanto lucir

a mesma alborada

a pode ferir.


A rosa rosiña

está no rosal:

ti queres ser miña,

rosiña lanzal ?  


A rosa rosada

de tanto mencer,

é tan delicada

que pode morrer !


Para rosa rosiña

fachenda de maio,

incluso é espiña

a flor dun salaio !


A rosa rosada

xa é miña amiga:

quedou namorada

con esta cantiga !

 

 

Manuel María

Obra poética completa


lunes, 25 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

O día 30 celebraremos o "Día da Paz".
Neste día reflexionaremos sobre o que significa esta celebración, na nosa casa, no colexio, na cidade , nos lugares en guerra,..
Manuel María escribiu esta "Oda á perfección deste mundo" estaría moi ben que fose unha realidade.


Que sorte e que alegría
 vivir neste mundo
tan ben feito,
tan xusto e tan feliz.

Neste mundo sen guerras,
sen bombas atómicas,
sen xenreiras,
sen odios,
sen asoballamentos,
sen inxustizas,
sen envexas,
sen explotadores
e explotados.

Neste mundo de comprensión,
de amor,
de axuda ao noso irmao.
Que marabilla vivir
neste mundo equilibrado,
ben mantido,
feliz e xeneroso
no que cada un,
esquecéndose de si mesmo,
se da enteiramente
aos semellantes!

Manuel María

"Odes nun tempo de paz e de alegría"


O CEIP Quintela de Moaña fixo unha selección de poemas pola paz moi interesante, votádelle unha ollada.
No mundo segue habendo diversos conflitos: Sahara, Siria...
No vestíbulo do centro podedes ver unha exposición sobre o conflicto do Sáhara.
Podedes ter maior información en: ACNUR, UNICEF