Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de junio de 2025

As nosas cantareiras

 Grazas a todas aquelas mulleres que nos acompañástedes este curso na actividade de Cantareiras. Un anaquiño das vosas visitas queda visible na entrada co cole a través destes retratos que elaborou o alumnado de cada unha de vo


s. 

lunes, 17 de marzo de 2025

Cantareiras

Continuamos a semana recibindo familias que nos achegaron a música e a tradición galega ás aulas, poñendo en valor a figura das mulleres na nosa cultura e sociedade. Moitas grazas por participar!









 

jueves, 13 de marzo de 2025

As nosas cantareiras

 Que mellor forma de comezar esta semana que coa visita de mulleres da vida dos nosos peques que viñeron a compartir con nós un anaco da súa vida. Achegándonos á cultura musical galega e poñendo en valor o papel da muller na nosa sociedade.







 
Tamén parte do alumnado de 3º quixo amosar o seu talento cantando unha canción ao son das pandeiretas. 



viernes, 7 de marzo de 2025

Día da muller

 A semana que vén recibiremos no cole mulleres importantes da vida dos peques que virán a escola a transmitir parte da nosa cultura popular.

lunes, 3 de febrero de 2025

Día da muller: Cantareiras

Este ano a RAG adica o Día das Letras Galegas ás mulleres cantareiras. Esta homenaxe débese ao seu labor na transmisión da lingua e cultura popular e ao seu traballo abrindo camiños nun terreo, o musical, no que as mulleres sempre tiveron menor representación na escena pública. Este 8M, queremos contribuír a seguir visibilizando ás mulleres deste eido, facendo partícipe á nosa comunidade educativa. Si na vosa familia hai algunha muller (nais, tías, avoas, curmás...) que toque algún intrumento ou cante, que estea interesada en vir á escola a semana do 10 de marzo, que o comunique a titora do alumno/a antes do 19 de febreiro para poder xestionarnos no centro. A interpretación pode ser de calquera estilo musical. Moitas grazas de antemán.

miércoles, 8 de marzo de 2023

Día da muller

O 8 de marzo realiazaronse diferentes actividades polas aulas en torno ao día da muller. 





 












 


martes, 8 de marzo de 2022

8 de marzo- Día Internacional da muller

Cada  unha das clases quíxolle dar sentido este día a través do traballo na aula de mulleres significativas da nosa historia ou do noso día a día. 
Aula de música: mulleres na música e na danza


3 anos: Josefina Castelví (bióloga e oceanógrafa)
4 anos: Cecilia Payne (Astrónoma)
5 anos: Pintoras: Woodsey Thomas, Yayoi Kusama, Maruja Mallo, Delaunay
 2º EP: Frida Kalho (pintora)
3º EP:Beatriz Potter, Alma Thomas, Maruja Mallo, Frida Kalho y Yayoi Kusama
4º Jane Goodall

6º As mulleres na prensa

lunes, 8 de marzo de 2021

8 de marzo- Día da muller

Hoxe 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller empoderando e coñecendo aquelas mulleres importantes da nosa cultura e historia. Este ano o noso centro quixo facerlle unha pequena homenaxe a FRIDA KAHLO, pintora mexicana que loitou pola igualdade, abrindo camiño. 


  

miércoles, 11 de marzo de 2020

Así conmemoramos o día da muller

Cada clase explicou o investigado sobre a súa científica aos visitantes. Recorremos as clases e portas do cole aprendendo sobre as mulleres investigadas e recopilando os cromos e a información para completar o noso albume. Estas son só algunhas das fotos da actividade!