jueves, 24 de febrero de 2022

miércoles, 23 de febrero de 2022

martes, 22 de febrero de 2022

domingo, 20 de febrero de 2022

Ruta rosaliana


 O día 23 de abril está dedicado a Rosalía de Castro, por ser a data de nacemento da poeta galega. 

Dende o noso cole queremos contribuír a esta homenaxe descubrindo a Ruta Rosaliana, relacionada co camiño de Santiago. 

A ruta rosaliana é un percorrido real con parada nos lugares máis singulares na vida da autora Rosalía de Castro, todos vinculados sentimentalmente con ela, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía. 

Para acompañar este percorrido o alumnado deulle cor as súas flores preferidas, os pensamentos, onde escribiron os seus versos e palabras na nosa fala.

Durante esta semana farase unha visita guiada a exposición por parte de cada un dos cursos. 

Animámosvos a facer a ruta real camiñando entre as diferentes etapas da súa vida e achegandose así a súa obra.

 

lunes, 14 de febrero de 2022

Mandadiños do Meco

 Mandadiños do Meco para a semana do 21 ao 25 de febreiro:

MANDADIÑOS DO MECO 


Sabemos que o estades esperando 
e o tedes todo preparado. 
Este ano toca ir andando 
ata chegar a Santiago. 

Comeza a primeira etapa. 
E luns avístase tormenta.
 Traede impermeable ou capa 
que cubra a vestimenta. 

 Este curso súmanse as normas.
Non quitedes o chuvasqueiro.
A ver martes como adornas
con pucho, gorra ou sombreiro.

Esquecíamos algo importante
feita por ti ou zampada 
de vieira e moi elegante 
mércores a cuncha colgada.

Pouco a pouco imos chegando. 
Que non te doan os pés 
engade xoves as botas 
Non as poñas do revés.

 Xa avistamos o final.
Venres ven como queiras.
Chegamos a catedral! 
Tempo de troula e festa. 

lunes, 7 de febrero de 2022

Semana de Rosalía de Castro

Como este ano estamos a traballar no PDI O camiño de Santiago, imos a conmemorar o día de Rosalía achegando aos nenos/as á unha das rutas relacionadas co camiño que percorre os lugares significativos da vida de Rosalía de Castro (ruta rosaliana).


A través dunha exposición que está na entrada do centro, poderemos coñecer os lugares máis importantes e o porqué da súa relavancia achegándonos un pouco máis á vida e obra desta autora galega.


Este ano estamos colaborando tamén coa asociación de escritores/as galegos na proposta de elaboración de pensamentos (a flor favorita de Rosalía) decorados con versos da poeta ou palabras galegas dos seus poemas. 



 

CELEBRACIÓN DA PAZ

Durante a semana pasada traballamos nas aulas sobre esta temática a través de distintas propostas e inciativas, deixámosvos unha mostra:

Infantil: contos sobre a resolución de conflictos, creación dun espazo de diálogo na aula e dun recuncho de calma.

 

 
1º e 2º primaria: Proposta de Detectives pola paz: búsqueda de accións favorables á convivencia observando aos membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, persoal de servizos, etc.
 

3º e 4º primaria: Proposta de Cadea de favores.

5º e 6º primaria: Grilandas de paxariñas de origami e decoración das portas das aulas co traballado.

viernes, 4 de febrero de 2022

Entroido

A semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos o ENTROIDO coa tradicional semana do Meco:

Cada día da semana o Meco fará un Mandadiño onde nos dirá con que atuendo debemos de vir á escolar.

A temática este ano versará sobre o Camiño de Santiago, polo que nos vestiremos de peregrinos/as, engadindo cada día unha prenda a proposta do MECO. 

Cada día, dende o venres 18 de febreiro, iremos subindo unha entrada neste blogue onde poñeremos o MANDADIÑO para o día seguinte. 

O venres 25 será unha xornada de festa, onde o disfraz será libre e que rematará cunha merenda de Entroido, polo que o alumnado poderá traer doces típicos destas festas: orellas, bica, filloas, croca...  


martes, 1 de febrero de 2022

Terceira sesión de Storytelling

 Nesta ocasión o alumnado de Infantil puido disfrutar do conto "Pete the Cat: I love my white shoes" coa profe Belén e a auxiliar de conversa. Deixamosvos o conto por se queredes volver a cantar as cancións de Pete.