Pouco a pouco imos chegando.
Que non te doan os pés
engade xoves as
botas
Non as poñas do
revés.
Esquecíamos algo
importante
feita por ti ou zampada
de vieira e moi elegante
mércores a cuncha
colgada.
Dende o noso cole queremos contribuír a esta homenaxe descubrindo a Ruta Rosaliana, relacionada co camiño de Santiago.
A ruta rosaliana é un percorrido real con parada nos lugares máis singulares na vida da autora Rosalía de Castro, todos vinculados sentimentalmente con ela, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía.
Para acompañar este percorrido o alumnado deulle cor as súas flores preferidas, os pensamentos, onde escribiron os seus versos e palabras na nosa fala.
Durante esta semana farase unha visita guiada a exposición por parte de cada un dos cursos.
Animámosvos a facer a ruta real camiñando entre as diferentes etapas da súa vida e achegandose así a súa obra.
Mandadiños do Meco para a semana do 21 ao 25 de febreiro:
MANDADIÑOS DO MECO
Como este ano estamos a traballar no PDI O camiño de Santiago, imos a conmemorar o día de Rosalía achegando aos nenos/as á unha das rutas relacionadas co camiño que percorre os lugares significativos da vida de Rosalía de Castro (ruta rosaliana).
A través dunha exposición que está na entrada do centro, poderemos coñecer os lugares máis importantes e o porqué da súa relavancia achegándonos un pouco máis á vida e obra desta autora galega.
Este ano estamos colaborando tamén coa asociación de escritores/as galegos na proposta de elaboración de pensamentos (a flor favorita de Rosalía) decorados con versos da poeta ou palabras galegas dos seus poemas.
Durante a semana pasada traballamos nas aulas sobre esta temática a través de distintas propostas e inciativas, deixámosvos unha mostra:
Infantil: contos sobre a resolución de conflictos, creación dun espazo de diálogo na aula e dun recuncho de calma.
3º e 4º primaria: Proposta de Cadea de favores.
5º e 6º primaria: Grilandas de paxariñas de origami e decoración das portas das aulas co traballado.
A semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos o ENTROIDO coa tradicional semana do Meco:
Cada día da semana o Meco fará un Mandadiño onde nos dirá con que atuendo debemos de vir á escolar.
A temática este ano versará sobre o Camiño de Santiago, polo que nos vestiremos de peregrinos/as, engadindo cada día unha prenda a proposta do MECO.
Cada día, dende o venres 18 de febreiro, iremos subindo unha entrada neste blogue onde poñeremos o MANDADIÑO para o día seguinte.
O venres 25 será unha xornada de festa, onde o disfraz será libre e que rematará cunha merenda de Entroido, polo que o alumnado poderá traer doces típicos destas festas: orellas, bica, filloas, croca...
Nesta ocasión o alumnado de Infantil puido disfrutar do conto "Pete the Cat: I love my white shoes" coa profe Belén e a auxiliar de conversa. Deixamosvos o conto por se queredes volver a cantar as cancións de Pete.