Como este ano estamos a traballar no PDI O camiño de Santiago, imos a conmemorar o día de Rosalía achegando aos nenos/as á unha das rutas relacionadas co camiño que percorre os lugares significativos da vida de Rosalía de Castro (ruta rosaliana).
A través dunha exposición que está na entrada do centro, poderemos coñecer os lugares máis importantes e o porqué da súa relavancia achegándonos un pouco máis á vida e obra desta autora galega.
Este ano estamos colaborando tamén coa asociación de escritores/as galegos na proposta de elaboración de pensamentos (a flor favorita de Rosalía) decorados con versos da poeta ou palabras galegas dos seus poemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario