domingo, 20 de febrero de 2022

Ruta rosaliana


 O día 23 de abril está dedicado a Rosalía de Castro, por ser a data de nacemento da poeta galega. 

Dende o noso cole queremos contribuír a esta homenaxe descubrindo a Ruta Rosaliana, relacionada co camiño de Santiago. 

A ruta rosaliana é un percorrido real con parada nos lugares máis singulares na vida da autora Rosalía de Castro, todos vinculados sentimentalmente con ela, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía. 

Para acompañar este percorrido o alumnado deulle cor as súas flores preferidas, os pensamentos, onde escribiron os seus versos e palabras na nosa fala.

Durante esta semana farase unha visita guiada a exposición por parte de cada un dos cursos. 

Animámosvos a facer a ruta real camiñando entre as diferentes etapas da súa vida e achegandose así a súa obra.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario