jueves, 19 de junio de 2014

Axudantes da biblioteca

Hoxe, na hora do recreo, pechamos a biblioteca ata o próximo setembro. Os axudantes recollimos os libros e despedímonos de Bibliomistos.
Moitas grazas axudantes polo voso traballo desinteresado. Esperámosvos o próximo curso.

Día do conto

Como colofón a actividade do "día do conto", hoxe escoitamos e vimos o conto "Blancanieves". Narrouno Antía e a representou Marta, Lucía Iglesias, Lucía Sesar, Cynthia, alex Varela e Janira coa colaboración inestimable de sete ananos fora de serie.
Noraboa rapaces!!

Día do conto

Xa está acabando o curso e con el , os últimos venres do conto. Lucía, Alba, Natalia, Javier, Mirian e Alejandro de cuarto curso, contaron e representaron "La casita de chocolate"
Moi ben rapaces e rapazas!!

domingo, 15 de junio de 2014

LECTURAS PARA O VERÁN

Empezar un libro é como subirse a un tren que te leva de vacacións. Para que este verán poidades facer moitas viaxes aquí tedes as nosas recomendacións:

http://issuu.com/ceipvictorseoane/docs/gu__a_lecturas

martes, 10 de junio de 2014

Los vengadores

Estes rapaces e rapazas de cuarto son uns auténticos artistas.Escribiron unha obra de teatro e hoxe a representaron.
O éxito foi total.


Xa estamos á espera da continuación.
Noraboa rapaces!!

Los paraguas

Que artistazos!!
Os nenos e nenas de primeiro recitaron e representaron varias poesías para os seus compañeiros de Educación Infantil.
Aquí tedes a Vero e Antía recitando "Yo quiero una mascota"

Xiana, Manuel, Rui, Lucía e Isabel recitaron "Bruja en el super"


 Isabel e Verónica actuaron como narradoras e Nailea, Carlos, Clara, Irene, Alexandra, Edurne, Sabela, Paula e Antía representaron "Los paraguas"



Noraboa rapaces, fixéchelo de marabilla.

viernes, 6 de junio de 2014

Cóntame un conto

Todo chega ao seu fin. O curso está rematando e temos que ir finalizando as nosas actividades.
O mes de abril e maio estivo cheo de contos, agora é o momento de que sigades contándollos aos vosos fillos durante todo o verán.


Que divertido foi!! O próximo curso seguimos contando con todos vós para poder seguir disfrutando destas actividades tan interesantes!!