Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de abril de 2021

Visita Antonio Sandoval

O alumnado de 4º de Primaria está a participar nunha actividade de sensibilización ambiental patrocinada polo grupo empresarial EROSKI VEGALSA, "Unha árbore, unha historia". 

A actividade inclúe un concurso de relato curto que os nenos e as nenas están a elaborar de maneira individual, basándose no conto "Unha árbore na escola".

Hoxe puidemos contar coa presencia de Antonio Sandoval, autor do conto, que lles explicou cal foi a orixe da historia do conto e ademais deulle pequenos consellos para poder facer os relatos para o concurso. Os rapaces e as rapazas estiveron encantados de poder escoitar todo o que lles contaba. Aquí tedes unha pequena mostra da actividade.


lunes, 27 de mayo de 2019

VISITA DA ESCRITORA CRISTINA CORRAL

Cristina Corral Soilán visitou hoxe a nosa biblioteca Bibliomistos para falarnos do seu libro
“De Paseo con Crunia” co que os nenos e nenas de 2º de Primaria  estiveron traballando ao longo deste curso.

Neste encontro, a xornalista, graduada en Educación Primaria e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela  respectivamente, leu un fragmento deste libro e foi entrevistada polo alumnado para coñecer  a súa vida e a súa obra literaria.






viernes, 3 de mayo de 2019

Visita de Antonio M. Fraga

O 25 de abril o alumnado de 6º recibiu a visita do escritor coruñés Antonio M. Fraga para falar de dous dos seus libros: "Escaquis e Romeu" e "O castiñeiro de abril". Os nenos e nenas puideron compartir con el as súas valoracións, facerlle preguntas e, ao remate, asinoulles os libros que leron durante o curso. Foi unha xornada moi interesante!







jueves, 25 de abril de 2019

VISITA DE MARÍA CANOSA

O martes 23 de abril comezamos a semana coa visita dunha das nosa escritoras favoritas, María Canosa.
Os nenos e nenas de 4º puideron compartir con ela un tempo no que lles falou do seu libro, respondeu as súas preguntas inquedas e asinou os libros que o alumnado lera durante o curso e mesmo nos deixou un pequeno vídeo de agradecemento por recomendar as súas lecturas. Un pracer poder contar contigo!










martes, 9 de abril de 2019

PROGRAMACIÓN BIBLIOTECA ABRIL

Durante o mes de abril a nosa biblioteca estará chea de actividades, entre elas:

Visita da escritora María Canosa para 4º de Educación Primaria o martes 23 de abril.

Visita do escritor Antonio M. Fraga para 6º de Educación Primaria o xoves 25 de abril.





Curso de primeiros auxilios para todo o alumnado de primaria:
1º A e B  Luns 8 de abril
2º Ae 3º B  Martes 9 de abril
6º A e B Luns 29 de abril
4º A e 5º B Martes 30 de abril
3º A e 5º A Xoves 2 de maio
2º B e 4ºB Venres 3 de maio



Sensibilización carreira solidaria por parte da Cruz Vermella para todo o cole.




Escola de familias para Infantil e Primaria polas tardes.

Martes 2 de abril: familias de EI, 1º e 2º EP
Martes 9 de abril: familias de 3º, 4º, 5º e 6º EP
Martes 7 de maio: familias de EI, 1º e 2º EP
Martes 14 de maio: familias de 3º, 4º, 5º e 6º EP

martes, 29 de mayo de 2018

VISITA DO ESCRITOR ANXO FARIÑA A 6º

O alumnado de 6º leu durante este curso o libro "A chave da Atlántida" e para finalizar convidou ao seu escritor nunha xornada na que intercambiaron opinións, gustos, etc.



jueves, 20 de abril de 2017

ANTÓN CORTIZAS VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Os rapaces e rapazas de segundo gozaron moito, durante o segundo trimestre, lendo dous libros de Antón Cortizas: "Vaia tropa" e "O lapis de Rosalía"




Contestou a todas as nosas preguntas e aprendeunos a deixar voar a nosa imaxinación.

 Moitas grazas Antón.

domingo, 26 de marzo de 2017

"COUSAS DE PAPÁ"

Durante este mes da poesía, o alumnado de primeiro e segundo gozaron moito coa recitación das poesías do libro de Raúl Gómez Pato "Cousas de papá" e o día 20 tiveron unha agradable sorpresa.



Héctor Lorenzo, o autor da música, visitounos e cantou con nós esas cantigas tan alegres e divertidas.