domingo, 22 de diciembre de 2013

GUÍA NADAL 2013

Tras moitas dúbidas, moitas buscas e moito traballo, por fin.....aquí está a nosa selección de lecturas para este ano.
Temos libros para todas as idades, desde 3 ata 12 anos. Tamén temos una nova sección que se chama: PARA COMPARTIR, onde atoparedes moitos tipos de libros: para aprender, para investigar, para fabricar os nosos xoguetes, para valorar o arte, CD´S de música, DVD´S de contos...
En fin....moitas ideas e moitas cousiñas que vos poden interesar.
Aquí deixámosvos unha pequena sinopse de todos eles para que elixades o que máis vos guste.

BO NADAL E PRÓSPERAS LECTURAS !!!!

TALLER DE CÓMICS


Como xa sabedes, este curso o PDI do noso colexio é "A banda deseñada". Lemos, debuxamos, creamos cómics e tamén xogamos.
Queres xogar cos cómics? 
A biblioteca do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela preparou uns xogos moi divertidos.
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/playcomic/spanish/index_flash.html

A que esperas?

domingo, 15 de diciembre de 2013

DÍA DO CONTO: EL MONSTRUO PELUDO



QUE MARABILLA DE LIBRO!!!
Medo, medo....non da pero risasss, un montón.
Este libro narra a historia dun monstruo moi feo e peludo que quere comerse unha nena que.....que se desmelena e que con cada rima que fai volve tolo a este monstruo.
Tocoulle o turno a Elena, a mestra de E.F. que encántalle contar contos e desfrutar con eles.
Desta vez viñeron nenos e nenas de 1º e de 3º de primaria e pasámolo xenial.

martes, 10 de diciembre de 2013

DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 2013 celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.

Estamos seguros de que estes días  escoitaches falar de Nelson Mandela. Mais sabes quen é?
Según Vargas Llosa "transformou a historia de Sudáfrica dunha maneira que parecía inconcibible e demostrou, coa súa intelixencia, honestidade e valentía, que no campo da política, as veces, os milagres son posibles

Nelson Mandela - Viaje a la Libertad [History Channel] [Documental]

jueves, 5 de diciembre de 2013

domingo, 1 de diciembre de 2013

DÍA DO CONTO: RATONCITO SE VISTE

Este cómic fala dun ratoncito un pouquiño movido que quería ser maior.
Antía e Janira de 5ºB quixeron contarnolo este venres na hora do conto e tiveron un éxito....
Viñeron nenos e nenas de 1º, 2º, 3º, 5º e 6º!!!
Deixámosvos aquí estas fotos do momento tan divertido que tivemos.



domingo, 24 de noviembre de 2013

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O día 25 de novembro celébrase o "Día da Eliminación da Violencia contra as mulleres"
Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar ás irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.

Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. 
Sabes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...? En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: Shahnaz Nazli foi asasinada este ano por dar clase a nenas. 

Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai  foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas.

lunes, 18 de noviembre de 2013

El sitio del agua

Queredes saber todo sobre a auga? Premede na imaxe e atoparedes unha información moi interesante.

http://www.elsitiodelagua.com/GL/Un
Espero que vos guste tanto como a nós.

sábado, 16 de noviembre de 2013

DÍA DO CONTO: A QUE SABE A LÚA


Quen non soñou algunha vez con darlle un mordisco á lúa? 
Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Só querían probar un anaco pero, por máis que estirábanse, non eran capaces de tocala. Entón, a tartaruga tivo unha idea xenial : “Quizáis entre todos podamos alcanzala”....
Marta, de 5ºB fixo un traballo extraordinario con este conto de Michael Grejniec, da Editorial Kalandraka; e contou coa axuda de Janira e Cynthia, tamén da súa clase.
Elaborou un panel decorado, uns animais de quita e pón, e fixo participar aos nenos e nenas de 2º que viñeron a compartir connosco este conto.
Deixámosvos aquí as fotos do momento.

lunes, 11 de noviembre de 2013

"POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO"

Hoxe celebramos o "Día do peón". Vai haber unha exhibición na que poderemos ver as grandes habilidades dos nosos rapaces e repazas facendo bailar a peonza.
No vestíbulo do noso centro podemos gozar coa exposición de peóns decorados por toda a comunidade educativa.Moitas grazas pola  vosa importantísima colaboración.

Na "Hora de ler" gozaremos coa  lectura de "O peón de buxo" do noso gran escritor Agustín Fernández Paz


Un peón de buxo

Nos meus anos de neno, naquela Vilalba da gris década dos cincuenta, o tempo tiña unha dimensión circular; o paso das estación traía cada ano as mesmas festas, os mesmos labores comunais e, tamén, os mesmos xogos. Cando chegaba o tempo dos peóns, meu irmán Luís e mais eu gozabamos dun singular privilexio. Os outros nenos do barrio mercaban os seus nas tendas da vila, sobre todo na de Gaioso. Alí habíaos de diversas formas e tamaños, coas franxas de cores impecablemente pintadas sobre a madeira clara. Todos moi feitiños e vistosos, mais ben se notaba que eran “de fábrica”.
O orgullo meu e de Luís nacía de que os nosos peóns eran distintos: estaban feitos por meu pai, na carpintería familiar onde traballaban todos os irmáns.
Pecho os ollos e aínda podo velo. Meu pai collía un pau de buxo, suxeitábao no torno que había nun cuarto entre o taller e o serradoiro e, con aquelas trenchas especiais que tiñamos prohibido tocar, facía saltar as labras polo aire, ao tempo que o recinto todo se inundaba co recendo de madeira. E así, co paso dos minutos, ía aparecendo o peón gardado no corazón do buxo. Despois de lixalo e de lle colocar a punta metálica, pintáballe unhas liñas vermellas e verdes, mais imperfectas que as dos do comercio, pero tamén mais verdadeiras.
Cando se trataba de lanzar os peóns e ver cal duraba mais tempo, ou cal durmía mellor (que así lle chamabamos a ese intervalo máxico en que o peón parece inmóvil, coma si estivese a soñar ou reconcentrado no seu xiro), quizais non tiñamos ningunha vantaxe especial. Mais se o xogo consistía nesa especie de combate en que os xogadores van tirando cadanseu peón, tratando de expulsar os dos outros do círculo marcado na terra ou no cemento, entón nós eramos os reis. Era aí, neses choques violentos que remataban tantas veces coa rotura do trompo adversario, cando tiñamos toda a vantaxe. Porque o noso podía sufrir croques, ou rabuñaduras superficiais, pero non quebraba. “É que o do Agustín é de buxo”, dicían os outros nenos, conscientes da impotencia do seu esforzo.
Desde hai uns anos, tamén o paso das estacións trae ata min outras Peonzas. Agora non son de buxo, senón de papel. Fálanme dos libros que eu quero, forman parte dun mundo no que me gusta estar. E ás veces, coma hoxe, conseguen ademais que saían da miña memoria as lembranzas da infancia, os peóns de buxo, o recendo da madeira, as mans e o acolledor sorriso de meu pai.

domingo, 10 de noviembre de 2013

DÍA DO CONTO: EU NON FUN!

E logo, quen foi?? Todo comezou cunha araña que ....
Queredes saber o que pasou coa araña, a vaca, o can, o porco, .... pois animámosvos a ler este conto divertido e sorprendente que contaron conxuntamente Elena e Lucía Iglesias (5ºB), este venres 8 na biblioteca do colexio.
Tivemos moito público xa que viñeron nenos e nenas de infantil, de 1º, de 2º, de 3º e de 5º. A cousa va animándose!!!
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron. 
 


 
 
 
 
 
 



jueves, 7 de noviembre de 2013

Los animales de Don Baltasar


Os rapaces e rapazas de 1º B gozaron coa representación teatral "Los animales de Don Baltasar", adaptación do conto "Fábula" de Beatriz Actis.


 Conta a historia dun home que se atopa un gato que muxe, un can que miaña, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra.



Un espectáculo sen palabras onde as onomatopeias, as imaxes e a música son protagonistas.

martes, 5 de noviembre de 2013

PRESENTACIÓN OFICIAL DO LIBRO: "HISTORIA DE BIBLIOMISTOS"

O día da biblioteca escolar aproveitamos para facer a presentación oficial do libro elaborado polos alumnos de 6º do ano pasado sobre a Historia de Bibliomistos, a nosa mascota.
Aquí deixámosvos unha presentación de power point con toda a historia para que a poidades ler e ver con calma.
Esperamos que a disfrutedes tanto como o que disfrutaron os nenos e nenas que o fixeron.

MIGUELANXOPRADO PREMIO NACIONAL DO CÓMIC

 Miguelanxo Prado foi premiado co "Premio Nacional de Cómic" pola súa obra Ardalén.Todolos coruñeses e galegos podemos sentirnos orgullosos polo premio acadado.



Ardalén é a primeira banda deseñada galega que acada este premio. O xurado destacou o caracter poético da obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
Visita a súa páxina web http://www.miguelanxoprado.com/
Parabéns Miguelanxo!!

miércoles, 30 de octubre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado 24 de outubro celebrouse o DÍA DA BIBLIOTECA. Este día foi creado en 1997 pola ASOCIACION ESPAÑOLA DE AMIGOS DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

O cartel e o pregón son de Andrés Rábago e Laura Gallego.
  
"Érase una vez un viajero que llegó desde un lugar lejano a un pueblo en el que no había libros. Se sentó a descansar en la plaza mayor y sacó de su morral un viejo volumen de cuentos. Cuando empezó a leer en voz alta, los niños, que nunca habían visto nada semejante, se sentaron a su alrededor para escucharlo.
El visitante relató historias que fascinaron a sus oyentes y les hicieron soñar con fantásticas aventuras en reinos maravillosos. Cuando terminó, cerró el libro para volver a guardarlo en su morral. Nadie se percató de que, al hacerlo, escapaban de entre sus páginas algunas palabras sueltas que cayeron al suelo.
El viajero se marchó por donde había venido; tiempo después, los habitantes del pueblo descubrieron el pequeño brote que elevaba sus temblorosas hojitas hacia el sol, en el lugar en el que habían caído las palabras perdidas.
Todos asistieron asombrados al crecimiento de un árbol como no se había visto otro. Cuando llegó la primavera, el árbol exhibió con orgullo unas hermosas flores de pétalos de papel. Y, con los primeros compases del verano, dio fruto por primera vez.
Y sus ramas se cuajaron de libros de todas clases. Libros de aventuras, de misterio, de terror, de historias de tiempos pasados, presentes y futuros. Algunos se atrevieron a coger esos frutos, y había un sabio en el lugar que les enseñó a leer para poder disfrutarlos.
A veces, la brisa soplaba y sacudía las ramas del árbol. Las hojas de los libros se agitaban y dejaban caer nuevas palabras. Y pronto hubo más brotes por todo el pueblo; y en apenas un par de años, los árboles-libro estaban por todas partes.
Se corrió la voz; muchos investigadores, curiosos y turistas pasaron por allí para conocer el lugar donde los libros crecían en los árboles. Los habitantes del pueblo leían sus páginas con fruición, y cuidaban cada brote con gran mimo. Y así iban recogiendo más y más historias con cada nueva cosecha de libros.
Un día, los más sabios del lugar se reunieron y acordaron compartir su tesoro con el resto del mundo. Eligieron a un grupo de jóvenes y los animaron a escoger un libro del primer árbol que había crecido en el pueblo. Después, los enviaron a recorrer los caminos.
Ellos se repartieron por el mundo, buscando un hogar para su preciada carga, y así, con el tiempo, cada uno dejó su libro en una biblioteca diferente.
Y cuenta la historia que allí siguen todavía. Que hay algunas bibliotecas que guardan entre sus estantes un libro especial que deja caer palabras-semilla. Y que, si aterrizan en el lugar adecuado, cada una de esas palabras crecerá hasta convertirse en un árbol que dará como fruto nuevos libros.
Nadie sabe en qué bibliotecas se encuentran estos libros maravillosos. Se desconoce también cuáles, de entre todos sus volúmenes, son los que proceden del pueblo donde los libros crecen en los árboles. Podría ser cualquiera, y podría estar escondido en cualquier rincón de cualquier biblioteca del planeta.
Animaos a entrar en ellas y a explorar sus estanterías, viajeros; porque quizá deis por casualidad con un libro cuyas palabras echen raíces en vuestro corazón y hagan crecer un magnífico árbol de historias cuyas semillas puedan llegar a cambiar el mundo.
¡Feliz día de la biblioteca!

viernes, 25 de octubre de 2013

Cenicienta y las zapatillas de cristal

Os nenos e nenas de primeiro ciclo gozaron moito coa adaptación do conto de Charles Perrault.

Dúas mozas dramatizan con danzas, monicreques, zapatos, vestidos e outros obxectos.
Cincenta é unha moza orfa á que lle gusta bailar. A súa madrasta e medio irmás trátana como se fose unha criada e obrígana a realizar moitísimas tarefas.
Todas as noites, esgotada con tanto traballo, vaise durmir soñando coa danza, a súa nai e unhas zapatillas de cristal.

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Hoxe celebramos o Día da Biblioteca escolar.
Charo a mestra de inglés contounos a historia de Bibliomistos, a nosa mascota.



















Tamén chegou un paquete moi grande para as clases de Educación Infantil.

   
A que non sabedes o que había dentro?
As Bibliotecas Escolares de Galicia envíaronos mochilas para que poidamos levar libros en préstamo ás nosas casas. Agora ímos personalizalas e a próxima semana poderemos levar libros da biblioteca.



Folleto Libros que van e veñen

jueves, 24 de octubre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.



O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
Patricia Castelao é a autora da ilustración.
Felices lecturas para todos, neste día e durante todo o ano .

viernes, 18 de octubre de 2013

DÍA DO CONTO: EL PATITO FEO

Un clásico dos contos, a que si?
Que non sabedes a historia??? pois trata dun pequeno parrulo que non é moi querido polos seus irmáns porque dicen que é feo. 
Pero... en verdade é un.....Ah!! xa non vos conto máis, se queredes saber o final tedes que ler o conto. 
Janira, Marta, Antía e Lucía, de 5º B, quixeron contarnos a historia deste parrulo dun xeito especial. Elaboraron os seus propios monicreques!!! e traballaron moito para que lles saíra fenomenal. Por iso tiveron taaaaanto éxito. Queredes saber como estaba de chea a biblio???
Mirade, mirade as fotos!!!!


MARCOPOLA

Os rapaces e rapazas de 5 anos tiveron unha gran sorpresa.
 Unhas cartas e unhas caixas grandes chegaron para eles no correo.
 Que misterio!!!

A que non sabedes que había na caixa?
Palmeiras, bañador, area, un frasco con auga salgada, protector solar, gafas, sombreiro...
Para que será todo iso???
Seguen saíndo: colchoneta de praia, toalla, gafas de mergullo, tubo e..

UN LIBRO!!!
MARCOPOLA!!!

Que ben ímolo pasar con este libro!
Xa vos contaremos cando terminemos de lelo.

Porque les cuento cuentos a mis hijos por las noches

Porque les cuento cuentos a mis hijos por las noches. Confesiones de un padre egoísta.
Podes ler o artigo completo, é moi interesante

lunes, 14 de octubre de 2013

DÍA DO CONTO: "Gato Guille e os monstros"

O pasado venres, tivemos a sorte de ter a mestra Loli, de 2º de primaria, como a nosa "contadora de contos".
Ao principio da historia, a Guille dáballe un pouquiño de medo pero despois....as cousas cambiaron...
Deixámosvos unhas fotos deste contacontos.


DÍA DO CONTO on PhotoPeach

viernes, 4 de octubre de 2013

DÍA DO CONTO

Este curso inaguramos unha nova actividade. Todos os venres as 11:50, na biblioteca, imos contar un conto.
Todos os nenos e nenas estades invitados a vir á biblioteca a contar, escoitar, representar... un conto.


 Elena, a profe de E. Física, contounos "EL GRÚFALO".


Esperamoste o próximo venres!

martes, 1 de octubre de 2013

Hoxe Bibliomistos contounos o que descubriu este verán.
Sabedes o que descubriu?

A BANDA DESEÑADA

Bibliomistos contóunolo coa axuda de Elena, porque eles enténdense moi ben.

Invitounos a que cada clase elexise un personaxe dun Cómic e decorase a porta da aula con el ou ela. 
Tamén pediunos que cada clase construise un buzón para poder comunicarse connosco e convocarnos a todas as actividades que se fan na biblioteca.


ESPÉROVOS NA BIBLIOTECA!!



viernes, 27 de septiembre de 2013

A LEDICIA DE BIBLIOMISTOS

Benvidos ao novo curso.
Esperamos que sexa un curso cheo de novas lecturas e que aprendamos e disfrutemos moito.
Sabedes o que pasou o outro día na biblioteca?
Non? Conteréivolo.
Estaba Elena, a nova mestra da escola, na biblio, e escoitou un ruído moi raro. Empezou a buscar polos ordenadores, mesas, andeis, e non vía nada. Ao pouco rato volveu a escoitar.

ZZZZZZZZZZ

De pronto deuse conta do que pasaba. ¡Era Bibliomistos! ¡Estaba falando!, ¡Entendíao! 
Contoulle que durante as vacacións sentiuse moi só, que acordábase moito dos nenos. Dando voltas pola biblioteca descubriu un andel que nunca vira, estaba cheo duns libros con moitos debuxos pero nos que os debuxos falaban.Que divertidos!
Xa adiviñaches de que libros falaba? A que sí?
Coñecedes a Superman, Mafalda, Marcopola, Spirou...???
Bibliomistos invítavos a que os coñezades.


martes, 18 de junio de 2013

Axudantes da biblioteca

Queremos agradecer a estes alumnos o seu esforzo e dedicación durante todo o curso á hora de axudar voluntariamente nas labores da biblioteca. A súa entrega permitiu que este sistema funcionará moito mellor,  á par de mostrarlles unha perspectiva nova con respecto a este servizo.

 Moitas grazas

lunes, 17 de junio de 2013

La guerra del no va más

Esta maña os nenos e nenas de cuarto representaron na biblioteca "La guerra del no va más". Nesta representación fálannos do absurdas que son as guerras.
Fixérono de marabilla. Noraboa.

viernes, 14 de junio de 2013

A LÚA

Os nenos de 4º B en Educación educativa estiveron investigando, dentro do noso PDI sobre "O UNIVERSO", sobre a lúa.
Onte presentáronnos todo o seu traballo ao resto dos compañeiros.
Mirade que ben o fixeron.

A lúa -
Moi bo traballo.

Grazas

domingo, 9 de junio de 2013

A escaleira

 

Estamos todos abraiados!!!
Os nenos de Educación Infantil e as súas mestras deixáronnos totalmente impresionados.
Fixeron unha adaptación dun conto titulado "A escaleira", crearon uns personaxes novos: un percebeiro, un zoqueiro,... e montaron un vídeo precioso con eses personaxes, unha torre de Hércules e unha música impresionante.
 Que traballo tan marabilloso!!

Isabel, Manuel, Raúl e Sabela presentáronnos o vídeo. Fixádeos nas caras dos nenos.





domingo, 2 de junio de 2013

Taller literario Anxo Moure

Anxo Moure estivo connosco e presentounos o seu libro "O carballo con botas". A aula de cuarto escribimos e recordamos todos os seus consellos.
Grazas Anxo e ata pronto.

Irene

Deixovos a ligazón a unha curtametraxe  titulada Irene que quedou en primeiro lugar no Festival de Cortometrajes de la Feria del Libro, Republica Domincana 2013.
Unha nena fuxe da realidade a través da lectura.


jueves, 30 de mayo de 2013

Máis lecturas na aula de 4 anos B

Despois da visita do pai de Joel e a nai de Lorena, que xa publicamos hai un tempo, seguimos a ter compañía lectora na aula da MOSCA CHOSCA. A seguinte en vir lernos un conto foi Susana, a nai de Lola. Entre as dúas nos leron o conto do Ratiño Pérez. Deberon traballar moito na casa porque o fixeron xenial. 



Ese mesmo día tivemos a visita de Tamara, a profe do ano pasado, así que lle pedimos que tamén ela nos lera un conto, Kokoriko... cantos recordos!


Un par de días máis tarde viñeron o pai e a nai de Gael, Daniel e Vanesa.  Eles nos contaron unha preciosa fábula. Como vedes, nos interesou tanto que non lle quitabamos ollo, nin orella!



Angi e Luis son a tía e o tío de Lucas Reino. Gustounos moito a lectura que fixeron, era unha historia que lle gustaba moito a Lucas, Epi e Blas. El estaba encantado, e o resto do grupo tamén.



Irene estaba tamén contentísima cando viñeron súa nai, María e seu pai, Juan. Contáronnos un par de historias, unha era de animais e a outra era un conto que nos gusta a todas e todos, Peter Pan.



Que bonito o conto de Frederick! A nai de Lucas Santamariña veu hai un par de semanas a contarnos esta preciosa historia daquel ratiño tan especial que se adiacaba a xuntar palabras para o inverno.



Tamén se apuntou a acompañarnos a nai de Alba, que se chama Tamara. A historia que contou fíxonos moita graza, era dunha nena que quería un can e para conseguilo comezou por pedirlle á súa familia unha serie de animais moito máis grandes e difíciles de coidar até que ó pai, finalmente, lle parece xenial a idea de ter un pequeno canciño na casa. Ollo, non vaia ser que aprenderan o conto!



Yaiza contounos que había uns días que estivera visitando as Covas de Altamira e estaba encantada coa de cousas que aprendera relacionadas co proxecto que se está a traballar na nosa aula, que mercaron alí un libro que logo nos contou súa nai Ana María. Aínda o temos na clase e nos parece do máis interesante. Nel contase de forma ilustrada a evolución dende os primeiros seres vivos ás mulleres e homes actuais. Como foron evolucionando!



Tivemos outras dúas visitas específicas da temática coa que traballamos no proxecto. Luis, o tío de Lucas Reino, volveu para explicarnos de forma moi específica algunhas das catacterísticas dos dinosauros e grandes reptiles. Descubrimos moitas cousas que nos axudan a coñecelos e distinguilos. Sabiades que hai un dinosauro que ten o naríz enriba dos ollos?




Tamén veu Sergio, o pai de Alexandre a contarnos e a axudarnos a experimentar a arqueoloxía. Ademais de traer diferentes fragmentos e pezas antiquísimas, nos amosou libros e revistas relacionados coa materia. Que mundo máis interesante!




Moitísimas grazas a todas e todos por participar, que ilusión nos fixo!