jueves, 24 de octubre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.



O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
Patricia Castelao é a autora da ilustración.
Felices lecturas para todos, neste día e durante todo o ano .

No hay comentarios:

Publicar un comentario