lunes, 30 de abril de 2018

VISITA DO ESCRITOR EL HEMATOCRÍTICO 1º E 2º EP

Na biblioteca do noso centro escolar @s nen@s de 1º e 2º de Primaria escoitaron e participaron da dramatización que Iago (El Hematocrítico) lles fixo do libro : "Axente Riciños"

 








 





viernes, 20 de abril de 2018

Día do libro

O vindeiro luns 23 de abril conmemorase o día do libro. No noso centro imos a realizar o xa tradicional APADRIÑAMENTO LECTOR. Un tempo no que os máis maiores do cole conpartirán unha lectura cos de menos idade. Apadriñando a un dos seus compañeiros/as por un anaco. É unha actividade moi divertida e que lles encanta.
Xa pensaches que libro vas a ler? E ti, xa estás preparado/a para a historia que che van a contar?

Ademais, este ano imos a facer unha LIBERACIÓN de libros (BookCrossing) da biblioteca escolar. De xeito que podedes achegarvos as mesas da entrada e levar para a vosa casa os exemplares que vos gustaría ler. Porque un libro é un tesouro e que mellor forma de gozar del que compartilo.

Contacontos nas aulas de 4 e 5 anos

Os papás de Sofía Botas viñeron a contarnos un conto.
A mamá de Ruth (5 anos) veu a contar o conto "Había una vez una casa"


Grazas Berta!!

jueves, 19 de abril de 2018

Saint Patrick´s Day and Easter Hunt VIDEOS



Contos en familia 3 anos

E seguimos tendo a sorte de escoitar contos da man das nosas familias.

Con María, a mamá de Lola, soubemos "A que sabe a lúa? Se pensamos no noso sabor favorito, xa temos a resposta! Fantástico conto! Grazas por vir a contarnolo!
A mamá de Jorge púxonos a pensar sobre un misterioso animal, o"Eleneja". Atrevedesvos a adiviñar de quen se trata? Tedes que pensar en dous animais. Nas fotos tedes unha pista. Un conto moi chuli! Xenial elección!

Patricia, a mamá de Emma trouxonos a "Elmer", un elefante que nos ensinou o bonito de ser diferentes. E despois a colorear tod@s ao noso elefatiño. Grazas polos debuxos!  













miércoles, 18 de abril de 2018

Audiolibros

A nosa biblio quere achegar os contos a tod@s os nosos lectores e para iso ofrecemosvos unha páxina con audiocontos, na que poderedes escoitar os vosos títulos favoritos ou descubrir outros. É unha forma diferente de achegarnos a un libro. Probamos?

https://www.mundoprimaria.com/audiocuentos-infantiles
http://www.cuentosinfantilesadormir.com/audiocuentosinfantiles.htm


Tamén nos gustaría ensinarvos a nosa nova sección de contos con pictogramas. Mesmo podedes elaborar os vosos propios, ou pasar unha frase a pictos! Unha nova forma de escribir historias!  Creamos? Pulsade nas imaxes para descubrir estes recursos. Os tedes tamén recollidos no lateral do blogue.



 




martes, 17 de abril de 2018

Contos en familia 5 anos A

As familias dos nenos/as de 5 anos A veñen a contarnos contos!

 Familia de Laura contounos o conto "Hechizos"




 O papá de David Guerra sorprendeunos con "Os bolechas van a hamburguesería"













 "O polo Pepe" chegou a nosa biblio da man da mamá de Lola, xunto co conto "El punto".

sábado, 14 de abril de 2018

Saint Patrick´s Day and Easter Hunt

O xoves 22 de marzo celebramos no colexio dúas tradicións inglesas Saint Patrick´s Day and Easter Hunt organizadas dende o equipo de inglés.  O alumnado do centro acudiu vestido de verde e cun "shamrock" pintado na cara. Todos xuntos no patio puidemos gozar da presentación de dúas danzas irlandesas, unha representada pola nosa auxiliar de conversa e a outra polos nenos e nenas de 4 anos que participaron na actividade de Xuntarte. A continuación, tivo lugar a xa tradicional búsqueda de ovos de Pascua polo patio. Os máis pequenos, ao atopalo tiñan que acudir a xunto un profe e dicirlle a cor do ovo en inglés. E os máis grandes tiñan que realizar o mandato que aparecía escrito dentro do ovo correctamente. E deste xeito foi como o noso alumnado conseguiu cambiar os ovos de plástico polos de chocolate.
Que actividade máis chula! Grazas equipo plurilingüe!



 
 Easter Hunt