martes, 31 de octubre de 2017

AULA DO TERROR E CONTACONTOS DE MEDO

Durante estas semana o equipo de Inglés ten prevista unha visita ao túnel do terror que remata cun contacontos nunha das tres linguas: galego, castelán e inglés.
Estades preparados?



lunes, 30 de octubre de 2017

CONTAVENRES

Este venres na hora do  recreo...… 



Na biblioteca
(Ata completar o aforo)
Non haberá servizo de ordenadores.

domingo, 29 de octubre de 2017

Fotos Día da biblioteca escolar

Unha xornada para coñecer as novas propostas deste curso, familiarizarse cos novos espazos, recordar as normas establecidas e buscar os seus carnets de lectores. Aquí vos deixamos as fotos da vosa visita á biblioteca! Un pracer recibirvos! Xa sodes uns expert@s!


















OBRADOIROS SAMAINENSES III

Derrradeira semana dos obradoiros de Samaín. Clases de 5º e 6º de Educación Primaria preparádevos para vir a facer a vosa manualidade! Agardámosvos!

lunes, 23 de octubre de 2017

CONTAVENRES

Este venres na hora do  recreo...… 



Na biblioteca
(Ata completar o aforo)
Non haberá servizo de ordenadores.

domingo, 22 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro é o Día da Biblioteca escolar, no noso país está dedicado especialmente a nenos/as e mozos/as.Desde 1997, o 24 de outubro, o día da biblioteca é conmemorado.
A proposta provén da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en memoria da destrución da Biblioteca de Sarajevo, queimada en 1992 durante o conflito dos Balcáns.
A iniciativa naceu para transmitir á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro para os lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento para mellorar a formación e a convivencia humana.


No noso centro imos a conmemorar ese día dándolle un protagonismo especial a nosa bibiloteca.
Todos os cursos de primaria pasarán por ela para:
- Descubrir as posibilidades e os novos espazos da biblio
- Coñecer as normas de uso
- Presentar o lema do cartel deste ano
- Recoller os seus novos carnés de lectores mediante unha búsqueda do tesouro,  na que deberán poñer a proba os seus coñecementos para localizar os libros nas estanterías.


PORTAS MONSTRUOSAS


E vela aquí os resultados da nosa proposta de decoración das portas do cole. Todo unha obra de creatividade e imaxinación dos nosos pequenos/as. Portas con moito conto.
 Xa están preparadas para o concurso! Vai a estar difícil elexir uns gañadores. Ti xa sabes por cal votarías?
     



   


     




sábado, 21 de octubre de 2017

OBRADOIROS SAMAINENSES II

Seguimos cos obradoiros de Samaín...Esta semana estará adicada a 3º e 4º de Educación Primaria. Se estás en algún destes cursos esta é a túa semana!
Achégate a biblioteca na hora do recreo a realizar a túa manualidade!

Contavenres de Samaín

Porque cada libro é unha aventura, que mellor que descubirla xuntos!

lunes, 16 de octubre de 2017

CONTAVENRES

Este venres na hora do  recreo...… 

Na biblioteca
(Ata completar o aforo)
Non haberá servizo de ordenadores.

domingo, 15 de octubre de 2017

OBRADOIROS SAMAINENSES

Comezamos cos obradoiros de Samaín...Se estás en 1º ou 2º de Educación Primaria, esta é a túa semana!
Achégate a biblioteca na hora do recreo a realizar a túa manualidade!


miércoles, 11 de octubre de 2017

ESTRENAMOS PORTA!

Agora que xa tod@s o sabedes podemos desvelar o segredo! Fíxechedelo moi ben.
E é que temos nova entrada á biblioteca!! A porta e as paredes cobran vida propia. E que mellor descrición ca unhas imaxes.
 Que vos parece? Cales foi a vosa sensación? Que vos transmite? Comparte con nos a túa opinión.