Mostrando entradas con la etiqueta Bibliomistos pola Coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliomistos pola Coruña. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de junio de 2016

O CAMBIO CLIMÁTICO

O día 7 de xuño visitamos A Casa da Auga onde nos falaron do medio ambiente, as causas da contaminación e as súas consecuencias. Foi moi divertido facer as actividades cos monitores, examinamos máis a fondo os problemas e propuxemos as nosas propias solucións. Unha das cousas que máis nos gustou é que estivemos traballando enriba dun enorme plano de “A Coruña” onde puidemos ver todos os recunchos da nosa cidade. Rodamos un spot publicitario.

martes, 7 de junio de 2016

XURXO SOUTO NO VÍCTOR

Estamos rematando o curso pero non paramos coas nosas actividades.

 Onte estivo con nós Xurxo Souto, natural de Monte Alto e bo coñecedor do noso barrio. Mostrounos o nome de toda a costa que rodea o noso barrio. 

Tedes mais información en As pedras do mar da Torre.

 Tamén aprendimos porque o mar da Coruña chámase o "Mar de María Antonia", as lendas dos os homes mariños, a pirámide submarina do Orzán, a historia de San Amaro, as lendas da Marola... ...e cantamos, gozamos coa súa música, co son do acordeón e a bucina.


 Invitounos para o próximo curso a facer un roteiro polas rochas de arredor da Torre.

Foi tan amable que, nunha foto do vestíbulo, nomeou cada furna rocha, illa... 


Sumouse a o noso Fotocall

  Para rematar imos escoitar unha das súas cancións co grupo "Os diplomáticos de Monte Alto", adicada a pedra "Rabadeira"

miércoles, 1 de junio de 2016

DOMUS

O xoves 26 de maio visitamos a DOMUS. A Domus está situada no noso barrio e xa o coñeciamos, pero a visita foi moi interesante. Adentrámonos, a través dunha viaxe en tres dimensións,no mundo dos "Pequenos xigantes".
Tamén poidemos experimentar e ver a interesante exposición.

Museo de Belas Artes

Seguimos percorrendo e coñecendo a nosa cidade. Os nenos e nenas de terceiro foron coñecer o Museo de Belas Artes.
Alí puideron observar diferentes obras de arte, dende retratos coma o do Rei Carlos I de Inglaterra, escenas da vida cotiá co cadro das Lavandeiras de Carlos Maside, ata unha exposición de antiguidades na que puidemos contemplar diferentes tipos de moedas e utensilios de escritura.

Participamos nun taller de pintura moi interesante.
Pasámolo xenial

jueves, 12 de mayo de 2016

Bibliomistos pola Coruña

Neste mes das letras é visita obrigada a visita a este lugar tan coñecido por todos os coruñeses e coruñesas.

Animádevos a visitalo e facer as vosas  fotografías.

Grazas

miércoles, 20 de abril de 2016

Bibliomistos pola Coruña

O novo reto vai ser mais fácil que o anterior.
 Cando visitedes este lugar, se paseades polos arredores atoparedes a "Casa das palabras", antigamente chamada "Cemiterio dos mouros"



Esperamos as vosas fotos e recordade que podedes ver todas as fotos expostas no vestíbulo e nas escaleiras do centro.

viernes, 18 de marzo de 2016

BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA

Este reto pode ser un pouco mais difícil, xa que habitualmente só podemos velo por fora. Pero se os arrededores son moi bonitos, por dentro é unha marabilla.
Tedes todas as vacacións para ir visitalo e pasear por toda a zona.

jueves, 25 de febrero de 2016

BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA

Nesta semana tan especial o reto vainos levar a un lugar moi coñecido da nosa cidade, non si?


Esperamos as vosas fotos.
 Ah, recordade que todas as fotos están expostas no vestíbulo e nas escaleiras do noso cole. Vide a velas.


miércoles, 3 de febrero de 2016

"Bibliomistos pola Coruña"

Estamos en tempo de Entroido.
O Entroido é unha festa que se celebra moito na nosa cidade. Teremos concursos, desfiles,comparsas, enterro da sardiña na praia de San Amaro,... a mais tradicional e popular son os " choqueiros".
Bibliomistos pídevos que as vosas fotografías sexan en 



e mellor se estades disfrazados.
Animádevos!!


jueves, 21 de enero de 2016

BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA

Logo do descanso das vacacións, imos seguir visitando recunchos encantadores da nosa cidade.
Esta semana gustaríanos que visitedes o lugar no que está esta escultura. Sabedes onde está?



Aquí podedes escoitar unha das súas cancións, que para moitas persoas, é un símbolo de PAZ

domingo, 27 de diciembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

Queremos mostrarvos o gran mural que preside o vestíbulo do centro.
 Na exploración que estamos a facer para coñecer mellor a nosa cidade, interésanos coñecer o noso barrio.




Vemos a Torre, o colexio, o depósito de auga, a casa dos peixes...







viernes, 11 de diciembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

Moitas grazas por todas as fotos que fixéstedes na "Serea de San Amaro", obra da escultora María Jesús Urgoiti


Esta semana mostramos o último lugar deste ano 2015. É un lugar moi interesante para visitar nestas vacacións.


A volta das navidades seguiremos descubrindo recunchos da nosa cidade e o noso barrio.
Felices Festas.

viernes, 4 de diciembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

A casa dos peixes era moi fácil de atopar.

Todos e todas xa a coñeciamos. A ver si tamén coñecedes a nosa nova proposta.

 

Sabedes onde está?

Quen é o seu autor?

Esperamos as vosas respostas e fotografías.

Animádevos


viernes, 27 de noviembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

A proposta da semana pasada era moi fácil. Verdade que é un lugar moi bonito?
Se queredes coñecela moito mellor podedes visitar a súa  Casa Museo Emilia Pardo Bazán.


Según van chegando imos expoñendo as fotos das vosas visitas.
Esta semana a proposta é dun lugar moito mais aireado,  pensamos que todos vos o coñecedes.


Animadevos a visitalo.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

Bibliomistos está encantado. Agradécevos moito todas as fotografías que lle fixésteslle chegar. Para que as podades ver, están expostas no vestíbulo do colexio.

 

 Hoxe facemos unha nova proposta:

 Sabedes onde está esta estatua? Quen é?

Facédevos unha foto e contestar as preguntas. E si vos animades investigade sobre a súa vida e o traballo tan importante que fixo en varios campos.




Entregade as fotos nas titorías.