domingo, 21 de diciembre de 2014
Festival de Nadal
Nas últimas semanas estivemos ensaiando para este día e por fin chegou.
Hoxe tivemos o festival de Nadal e divertímonos moito. Cantamos, bailamos, tocamos a frauta e ao final unha grande sorpresa...
as mestras de Educación Infantil representaron CATS!!!
Foi fenomenal, un fin de festa xenial.
Moitas grazas.
Agora imos disfrutar dunhas vacacións moi merecidas.
Feliz ano novo
martes, 16 de diciembre de 2014
PAPA NOEL
Xa están aquí as vacacións, mais antes de acabar as clases tivemos que escribir as nosas cartas para os Reis e Papa Noel.
Hoxe veu Papa Noel co seu paxe a recoller as nosas cartas, tamén nos contou un conto moi bonito.
Estamos moi ilusionados.
Papa Noel non te olvides de nós.
sábado, 13 de diciembre de 2014
Visita ao Muncyt
Seguimos co noso proxecto de ciencia. Para informarnos realizamos unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
No taller ensináronos que é un sextante e ensináronos a fabricar un e a utilizalo.
No taller ensináronos que é un sextante e ensináronos a fabricar un e a utilizalo.
viernes, 12 de diciembre de 2014
Taller de xoguetes
A todos nos gustan os xoguetes, mais non hai maior pracer que facer os nosos xoguetes. Os rapaces de terceiro e cuarto fixeron un taller no que aprenderon a facer os seus propios xoguetes.Reutilizaron materiais e saíronlles moi baratos.
miércoles, 10 de diciembre de 2014
lunes, 8 de diciembre de 2014
O CREBANOCES
Este venres foi un día fantástico para os nenos e nenas de 1º ciclo.
Estiveron no centro Ágora vendo un espectáculo de títeres con técnica mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros), mentres escoitaban a música que creou Tchaikovsky para este conto de Hoffmann.
Se non coñecedes a historia, podedes lela no libro "O Crebanoces " ilustrado por David Pintor e adaptado por María Canosa Blanco.
Os rapaces xa coñecían a historia, xa que durante a semana, os seus mestres lla contaron.
Encantounos, queremos volver moi pronto.
Estiveron no centro Ágora vendo un espectáculo de títeres con técnica mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros), mentres escoitaban a música que creou Tchaikovsky para este conto de Hoffmann.
Os rapaces xa coñecían a historia, xa que durante a semana, os seus mestres lla contaron.
Encantounos, queremos volver moi pronto.
CRIATURAS
O 5 de decembro no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas, foi presentada unha nova revista de Literatura Infantil e Xuvenil: Criaturas
O número 0, que se publica neste mes de decembro, presentouno Ledicia Costas . A revista dixital terá unha publicación trimestral.
O número 0, que se publica neste mes de decembro, presentouno Ledicia Costas . A revista dixital terá unha publicación trimestral.
miércoles, 3 de diciembre de 2014
Anitram y Martina
domingo, 30 de noviembre de 2014
O paxaro e o porco
Queres aprender a programar xogando?
Axuda ao paxaro a capturar un porco que lle roubou os seus ovos. Se queres divertirte preme no paxaro.
Boa sorte!
Axuda ao paxaro a capturar un porco que lle roubou os seus ovos. Se queres divertirte preme no paxaro.
Boa sorte!
martes, 25 de noviembre de 2014
Un monstruo debajo de la cama
Os contos de medo tomaron a biblioteca. Hoxe, na "Hora de ler", Kathy contounos un conto arrepiante
"UN MONSTRUO DEBAJO DE LA CAMA"
"UN MONSTRUO DEBAJO DE LA CAMA"
lunes, 24 de noviembre de 2014
Magosto
A tinta invisible
Cristina e Carla escribían e escribían e non se vía nada, mais de pronto apareceu todo, foi moi sorprendente. Aquí as tedes facendo este experimento.
domingo, 23 de noviembre de 2014
Valeria Varita
Este venres, Marta e Antía narráronnos a historia de Valeria Varita, unha fada moi, moi rosa.A personaxe de Valeria é a mais famosa creación da ilustradora inglesa Emma Thomson.
jueves, 20 de noviembre de 2014
Día do peón
O día 11 de novembro celebramos o "Día do peón".
Os nosos rapaces e rapazas fixeron bailar os seus peóns e bailaretes.
Os nosos rapaces e rapazas fixeron bailar os seus peóns e bailaretes.
Lámpada de lava
Vos coñecedes as lámpadas que alumean na clase mais algunha vez vistes unha lámpada de lava?
Pois nosoutros si que a vimos. María coa axuda da súa filla Ruth mostráronnos unha cando fixeron este experimento na clase.
Quedamos abraiados.
Moitas grazas María.
Estamos desexando que nos fagas outro experimento tan interesante.
Contos de medo:"Como reconocer a un monstruo"
Aqui tedes "os cocoricos" escoitando a Kathy o conto: "Como reconocer a un monstruo"
Uff!
Que medo!!
Uff!
Que medo!!
Explosión dun volcán
En Galicia non podemos ver ningún volcán en erupción, mais Ricardo e Diego Marqués mostráronnos como pode ser.
Foi moi impresionante.
Moitas grazas
Foi moi impresionante.
Moitas grazas
miércoles, 19 de noviembre de 2014
Taller de blogs
Hoxe realizamos un taller de blogs.
Nacho, xornalista da Voz de Galicia, explicounos o que é un blog, como funciona, as precaucións que temos que ter en conta cando escribimos nun blog e finalmente aprendemos como escribir textos, insertar imaxes, facer comentarios,...

lunes, 17 de noviembre de 2014
Taller de prensa
Hoxe estivo connosco Ana. Ana é unha periodista que traballa na Voz de Galicia.
Explicounos como se desenrola o traballo dentro dunha redacción dun xornal. Falamos das axencias de noticias, e como lles axudan no seu traballo. E igual que nós, eles tamén utilizan diversas fontes de información.
Mais tarde fixemos, coa a súa axuda, unha primeira plana do xornal.

Convertémonos nuns auténticos reporteiros. Foi estupendo.
Moitas grazas, Ana
Suscribirse a:
Entradas (Atom)