domingo, 13 de abril de 2014

Cóntame un conto

Esta semana antes das vacacións foi unha semana máxica.
Durante toda a semana, recibimos a visita das nosas familias que viñeron a encher a nosa "Hora de ler" de fantasía.
Pola biblioteca e a aula de 5anos pasaron:
María, a nai de Guille, contounos "365 pingüinos"


Voamos con Eva, a nai de Xan, e o libro "Jake, la gaviota verde"


A avoa de Mario, fixonos pensar co conto "¿Me perdonas?"

Lorena e Olga, as nais de Elba e Ignacio, contáronnos unha historia moi emocionante "O xigante egoísta"

 
Moitas grazas a todas por eses momentos tan marabillosos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario